En fermoso libro que acabamos de ler, díse: “ Vivir consiste en construir futuros recordos”; aforismo que o tempo confirma e lexitima..Son moitos os escenarios que serven de marco ás vivencias mais dispares: persoais, profesionais, lúdicas, culturais, sociais; lugares de xornadas inesquecibles, cultivando o valor da amizade e as ledicias que, na mocidade, todos coñecimos e quedan para o recordo amable. O cronista, alén do espacio mais próximo e amado, leva fixado, dende rapaz, o nome do seu lugar preferido, e así o proclamou cando o ano 2002 tivo a honra de pregoar As San Lucas : “ Se un día me perdo por Foz que me busquen en Mondoñedo“, pois infindos son os episodios que revive a cotío. Próxima a celebración dos Remedios vennos á lembranza unha das moitas anécdotas. Era o ano 1958. Uns colegas alugamos o coche de Arturo do Pintado e alá nos fomos cara á cidade da Paula.. Percorridas as rúas na compaña de amigos lugareños, decidimos ir ó baile do Casino. A entrada , restrictiva; só para socios, aínda que permisivos cos forasteiros; pero uns e outros debían vestir chaqueta e garavata, condición que non cumpríamos e Avelino, o porteiro, noso amigo, fiel ca súa obriga, nonos deixou entrar. Os compañeiros nun intre o resolveron, in situ, con prendas prestadas, pero o que suscribe tíñao mais difícil, dada a súa corpulencia: medía 1,80 m.e o peso superaba xenerosamente os cen kilos, o que dificultaba atopar de súpeto a prenda axeitada.. Actuaba a Orquestra “Royalty” na que formaba, co seu inseparable contrabaixo, “ O Gorrito”, de envergadura semellante. Por alguèn que subía ó salón, pedimos ó amigo músico que dende o balcón nos arrebolase as pezas, e así o fixo: chaqueta de pano verde con amplas solapas de raso e, a xeito de garavata, lazo negro, longo..Cando Avelino nos ollou darriba abaixo para o “visto bó”, dixo: “¡Home, vés de músico, pro cumpres co ordenado:¡adiante…!”.A noite feliz, hai preto de 60 anos, pasou a nutrir a ringleira das vivencias mindonienses que a cotío rememoramos con nostálxico agarimo. Encetábamos a nosa segunda década e abofé que non coxeábamos…
Suso Fernández


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



