Ribadeo, 1 de setembro de 2014. Polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais pasaron en agosto 42.000 persoas en busca de información sobre as praias, a vila e a zona. Son 13.000 máis que no mesmo período do ano pasado. O 90% son turistas procedentes de diversos puntos do Estado e o 10% restante son cidadáns estranxeiros. A ocupación media nos hoteis situouse no 90%, aínda que houbo algúns que estiveron ao 100% durante todo o mes. Os datos deunos a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. A praia das Catedrais foi visitada en agosto por 270.000 persoas.
O rexedor dixo que “de históricas temos que cualificar as cifras de visitantes que durante este mes de agosto pasado estiveron en Ribadeo: no casco vello, nos hoteis, en Rinlo, facendo o Camiño de Santiago ou nesta xoia natural que é a praia das Catedrais. En definitiva, neste mes de agosto, segundo os datos que nos pasan dende a oficina de turismo, un total de 42.000 persoas pediron información turística, 14.000 na oficina de Ribadeo e 28.000 na das Catedrais. Pero todo isto se o poñemos en contraste cos datos do ano pasado supón que este ano pediron información unhas 13.000 persoas máis en agosto que no mesmo mes do ano 2013. Son unhas cifras tremendas, dende o punto de vista da afluencia de xente que está vindo a Ribadeo”.
Para Suárez Barcia “cando dicimos que Ribadeo está brillando con luz propia neste universo turístico non esaxeramos nada e dende logo temos que destacar cuestións que son moi relevantes, como que o 90 por cento do turismo que vén é do ámbito estatal, moito de Madrid e do sur de Galicia, pero seguido de Cataluña, Castela-León e Euskadi, que antes eran procedencias un pouco menores e agora está vindo moita máis xente aquí. Pero tamén hai que destacar o porcentaxe de turismo internacional, que hai non moitos anos era absolutamente simbólico, pero que agora acada un porcentaxe do 10 por cento, pola presenza sobre todo de franceses, alemáns, italianos e ingleses. E iso é algo que hai que ter moi en conta polos servizos que ofrece Ribadeo”.
O alcalde tamén se referiu á ocupación hoteleira: “temos uns datos de ocupación do mellor cunhas medias, segundo información que nos foron dando diversos hoteis da vila e do resto do concello, de arredor do 90 por cento de ocupación e moitos deles durante agosto estiveron ao cen por cen. E desde logo temos que constatar tamén un incremento incluso de peregrinos que fan o Camiño Norte de Santiago”.
O rexedor manifestou que “dende logo son cifras que convidan a seguir traballando por e para Ribadeo, para que estas boas imaxes que leva moitas veces esta xente de cómo se está amañando o casco vello temos que seguir nesa liña, mandando pintar os muros e enfoscar as paredes que están desconchadas, mandando amañar as vivendas. E iso fai que acabemos tendo un patrimonio colectivo que nos está dando un plus de valía para moita xente que ven a Ribadeo”.
Fernando Suárez subliñou que “é preocupante que con tanta xente que vén, por exemplo á praia das Catedrais, xa que contabilizamos durante este pasado mes de agosto que arredor dunhas 270.000 persoas visitaron o areal en baixamar, batendo de novo todos os récords acadados ata o momento, pero moita desta xente está preocupada pola masificación desta praia. E precisamente por iso este ano incluso cambiaron as tendencias, pois batéronse os récords de visitantes sempre entre semana xa que moitos deles evitan precisamente o fin de semana pensando que vai haber máis xente”.
O alcalde considera que “temos que seguir traballando e loitando sen cuartel contra o esquecemento deliberado de moitas administracións e que, dunha vez por todas, establezamos medidas contundentes que permitan regular para que este areal siga sendo un elemento turístico de primeira magnitude non só en agosto senón durante todo o ano. E ao mesmo tempo que a xente non leve a sensación de abafo ou de masificación, que é o que moitas veces poder pasar”.
O rexedor felicitou “a todo o sector servizos, á toda a hostalería porque eu sei que fóra de aquí Ribadeo sona e brilla con voz e luz propia. Moita xente de calquera lugar do Estado di a palabra Ribadeo e sóalle para ben. E debemos seguir traballando entre todos, entre o Concello, as diferentes administracións e con todo o sector servizos para que isto siga sendo así non soamente en agosto senón ao longo de todo o ano”.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



