Lourenzá, 5 de setembro de 2014. Lourenzá volveu á normalidade esta semana, despois de celebrar o pasado luns, 1 de setembro, a festividade local do Conde Santo. Dende o Concello recordaron que tanto a Biblioteca Municipal, coma o Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá, están a funcionar con total normalidade dende esta semana e cumprindo cos seus horarios habituais. A Biblioteca permanece aberta en horario de 5 a 8 da tarde de luns a venres, e o PAI leva a cabo a súa actividade educativa en horario continuo dende as 8 da mañá ata as 8 da tarde, tamén de luns a venres.
Lupe Flórez, concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, subliñou que “dende o Concello queremos informar que unha vez chegado o mes de setembro, e pasado o festexo local do pasado luns, 1 de setembro, volven á rutina as actividades da Biblioteca Municipal e do Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá. A Biblioteca retoma a súa actividade en horario de 5 a 8 da tarde de luns a venres, e o PAI, volve a abrir tamén despois do seu período de vacacións do mes de agosto. O horario deste centro infantil será o habitual, abríndose as 8 da mañá e pechándose ás 8 da tarde, de maneira ininterrompida. Recordamos que no PAI seguimos a contar co servizo de comida como víñamos tendo no pasado curso”.
A concelleira quixo “animar a todas aquelas familias que aínda non son usuarias do noso PAI. Gustaríanos que se pasasen a informar polo propio centro ao longo do día, no horario de apertura establecido, para que se lles resulta interesante se fagan usuarios deste Punto de Atención á Infancia de Lourenzá”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



