CADERNOS DA VIAXE. O 55% dos escoceses votaron NO á independencia e o 45% a prol dela. A participación foi dun 84,5% sobre os electores rexistrados. Os números son nidios abondo para concluir que Escocia quere seguer a partillar o Reino Unido moitos anos. Mais…
Mais o first minister demisionario Alec Salmond e a campaña pro independencia fixeron medrar o número dos seus partidarios dun 30 a un 45% e votar YES a un 71% da xente nova, mentres rexeitaban a independencia o 73% dos maiores de 65 anos. Os sectores máis populares apostaron tamén pola independencia (velaí Glasgow, cun 54% a prol ), xunto cos verdes, o mundo das organizacións solidarias e os empresarios máis dinámicos e innovadores.
E dirán vostedes, “home, deixe estar, o tema estalle xa ben pechado”. Hoxe doulles a razón. Pero resulta que os tres partidos británicos maioritarios, para evitar que o voto afirmativo gañase, prometeron unha mellora substancial dos poderes fiscais, orzamentarios e de protección social do Goberno escocés. E agora o líder laborista, Ed Miliband, por razóns de curto interese partidista, dí que non é o tempo axeitado, mentres varios deputados conservadores rexeitan esta proposta de ampliación competencial, disque “fartos de que 5 millóns de escoceses determinen o futuro de 52 millóns de ingleses”.
Si esta ampliación do autogoberno escocés non se aproba no que fica da lexislatura do Parlamento de Westminster (até o vindeiro maio) as bases do SNP, o partido nacional escocés e dos seus aliados da campaña YES SCOTLAND denunciarán que os unionistas gañaron con amaños e mentiras o referéndum. Por outra banda, a posíbel convocatoria no 2016 dun referéndum para a saída do Reino Unido da Unión Europea sería outra ocasión para pór de manifesto un proxecto político distinto para Escocia, reivindicando a súa permanencia na UE e, xa que logo, cuestionando a súa adhesión ao Reino Unido.
Semella que esta acción futura vaina liderar dende novembro unha nova primeira ministra escocesa e líder do SNP, Nicola Stugeon. Porque seica moi pouca xente no seu partido, que obtivo maioría absoluta no Parlamento escocés no 2011, cuestiona o proxecto de Salmond de facer transversal o proxecto do YES SCOTLANDi, que mesmo foi adherido pola maioría dos residentes nados fóra do Reino Unido.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



