Merecida vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante por 4-1 no estreo ligueiro en Vista Alegre. A escadra burelesa comezou o choque algo despistada e as visitantes aproveitaron a circunstancia para sorprender. Lara Terrés marcou o 0-1, nunha boa combinación que acabou nas mallas laranxas tras un potente disparo ao bordo do área. Nestes compases iniciais o Universidade sentíase máis cómodo na pista pero a entrada de Peque cambiou o rumbo do encontro. Aos poucos, o Burela Pescados Rubén foise apropiando do partido aínda que as visitantes soltaron algún zarpazo perigoso tamén. A súa mellor ocasión chegou a través dun dobrepenalti que Jozi detivo a Pao. Acto seguido, chegou o tanto do empate por mediación de Peque que a punto estivo de marcar o segundo ao filo do descanso (1-1).
Na segunda parte, o escenario inicial variou considerablemente e as laranxas saíron a por a vitoria sen dúbidas. A brasileira Tainã logrou o 2-1 cun potente disparo raso e co marcador en contra as visitantes tiñan que variar o seu plan inicial. O Burela Pescados Rubén aproveitou o seu mellor momento no partido e Claudia aumentou a renda (3-1) ao aproveitar un rexeite propiciado por un disparo de Lara. A presión alicantina comezou a subir pero as burelesas non pasaron excesivos apuros nin coa opción de porteira xogadora a catro e medio para o final. No último minuto Peque certificou a remontada marcando a porta baleira e selando o definitivo 4-1.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Shiori, Maite, Gaby –cinco inicial- Peque, Claudia, Lara, Kiko, Tainã, Sandra.
Universidad de Alicante: Jenny, Lara, Txitxo, Sara, Amelia –cinco inicial- Andrea, Paula Morote, Andrea Castelló, Pao.
Goles: 0-1,m.4, Lara; 1-1, m.17, Peque; 2-1, m.23, Tainã; 3-1, m.31, Claudia; 4-1, m.39, Peque.
Árbitros: Vázquez Castellanos, Crestelo Blanco.
Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Primeira División (RFEF) disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores. Antes do inicio do encontro Peque recibiu unha homenaxe polo trofeo Pichichi da tempada 13/14.
*Foto: Ana López Ramos.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
