O PP de Viveiro presenta unha moción sobre a colocación de medios de protección na saída da Ponte da Misericordia.
Nese sentido, alegan que “de todos é sabido que o tramo de beirarrúa que vai dende a Ponte da Misericordia ata a capela do Ecce-Homo é utilizado tanto polos veciños de Covas, a Misericordia, El Paraíso, Vieiro… así coma por numerosos veciños de Viveiro e visitantes”.
Ademais, engaden que “co inicio do curso escolar engádese o feito de que nenos de curta idade e adolescentes utilizan este tramo no seu percorrido ata os colexios ou de volta á casa. Así mesmo, a Ponte da Misericordia é empregada por un gran número de vehículos de forma que a densidade de tráfico é moi elevada. Ambas circunstancias provocan que este tramo sexa un foco de posibles accidentes graves”.
Por iso, o grupo municipal popular propón “colocar en ambos tramos da beirarrúa medidas de protección, por exemplo bolardos, que doten dunha maior seguridade aos usuarios destas vías” co “obxecto de dotar dunha maior protección e garantizar, na medida do posible, a seguridade dos usuarios, moitos deles menores de idade”.