Dende a Agrupación Local do Partido Popular de Foz despois de leer a nota de prensa emitida por Xaime Cancio, donde sinala que presenta a súa dimisión como concelleiro de Unifoz para reincorporarse ao PSOE, temos que manifestar o seguinte:
Dende o Partido Popular de Foz levamos máis de tres anos avisando ao pobo de Foz de que esto ía suceder, o mesmo tempo que levamos escoitando as negativas de Xaime Cancio ao respecto. Pero o tempo pon a cada un no seu sitio. Ao fin, Xaime Cancio foi dando os pasos para acabar dimitindo como concelleiro de Unifoz, cumprindo o que nós anuciabamos, o que nos demostra que todo este tempo estábamos acertados e que deixa ao señor Cancio diante de todos coma un auténtico mentiroso.
Ao Partido Popular de Foz preocúpalle o estado no que vai quedar a partir de agora a Corporación Municipal. Esta dimisión representa un varapalo para o bon funcionamento do gobernó local. Cando una persoa representa unhas ideas e as cambia por outras, -o que popularmente se coñece como vira-chaquetas– co agravante de que xa non é a primeira vez que o fai, non se merece ter a acta de concelleiro porque vai en contra de calquer criterio politico e en contra da sensatez das persoas que representan unha corporación. Ademais, parécenos unha falla de respeto hacia o grupo municipal do PSOE que intente suplantar as suas ideas dende un posto na corporación para o que non foi elixido.
Deste xeito convírtese nun impostor, nun ‘fantasma político’, nhun concelleiro sin votantes aos que representar e sin cargo que ostentar porque nin representa a Unifoz nin representa aos votantes de Unifoz, nin representa, ainda que el quixera, ao PSOE.
¿Cal vai ser agora a postura do señor Cancio respecto á depuradora, ao PXOM, aos orzamentos municipais, as cousas importantes que aínda quedan por debatir nesta lexislatura?
Entendemos que non se pode admitir na Corporación Municipal a unha persoa que pensa que xa rematou o seu traballo e que o abandona por aburrimento e por interese persoal a falta de casi un ano para o remate da lexislatura.
Dende o Partido Popular de Foz pedimos a súa inmediata dimisión da Corporación e esperamos que o resto dos grupos faga o mesmo, non so o grupo municipal do PSOE senón tamén os propios dirixentes do PSOE que admiten estes comportamentos ao limite da lei antitrásfuguas…
O Partido Popular de Foz solicítalle ao señor Cancio coherencia e respeto pola Corporación Municipal e polos concelleiros que son quenes representan á institución do Concello de Foz que evidentemente tamén ve danada a súa imaxe.
Dende o Partido Popular de Foz consideramos que Unifoz, coa dimisón do seu portavoz Xaime Cancio, pasa a ser un partido fantasma, un partido sen cabeza que o dirixa e que vai ter moi pouco recorrido político, tal e como se desprende das recentes declaracións aos medios de Ana Mª López Campoamor nas que sinala que esta dimisión “…e é algo que compartimos en UNIFOZ”.
Para o Partido Popular o realmente importante son os feitos, feitos que están a vista de todos. Feitos como que este verán foi o verán con mais actividades programadas en toda a súa historia. Feitos como que este ano mais xente atopou traballo en Foz, rebaixándose o número de parados do concello. Feitos como é o comenzo das obras do Xeriátrico, unha instalación tan necesaria e demandada para Foz e os seus habitantes. Feitos como o arranxo da pista do Campo da Cabana, o que posibilitou que, cada día esteña chea de pícaros xugando. Feitos como que hai tan só dous días deu comenzo un novo curso do Obradoiro Pardo de Cela compartido cos concellos de Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro.
A vista dos feitos, o que realmente importa é que o grupo muncipal do Partido Popular de Foz está activo e non para un so instante de traballar por e para os vecinos do concello pese aos paos nas rodas que leva a recibir nestes anos de goberno, porque nunca con tan poucos cartos se fixo tanto polo pobo de Foz.
Juan J. Rivas, Secretario Xeral do Partido Popular de Foz


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



