Ribadeo, 1 de setembro de 2014. O CB Ribeira Sacra Breogán disputará este venres, 5 de setembro, un partido amigable de pretempada en Ribadeo. O acto está organizado polo CB Ría de Ribadeo en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo, e nel o club lugués enfrontarase ao Club Ourense Baloncesto. O partido será a partir das 8 da tarde no pavillón polideportivo de Ribadeo e as entradas poderán adquirirse antes do inicio nesas mesmas instalacións a un prezo de 3 euros para adultos e 1 euro para nen@s.
Vicente Castro, concelleiro de Deportes de Ribadeo, anunciou que “o vindeiro venres, imos poder ver un partido de baloncesto ás 8 da tarde no pavillón polideportivo de Ribadeo. Este novo pavillón permítenos ter unha oferta diferenciada e de calidade, que se fai apetitosa para clubs das máis diversas especialidades deportivas. Entre elas o Breogán, que xa cando estivo aquí na primavera nos anticipou a súa intención de facer unha pequena pretempada de preparación aquí, en Ribadeo”. Castro agradeceu “a parada que os Clubs Ribeira Sacra Breogán e Ourense Baloncesto fan en Ribadeo, colaborando coas escolas deportivas de aquí, e ofrecéndonos a posibilidade de facer un partido con dous equipos da mesma categoría”. O edil recordou que “dende o goberno municipal o que queremos é poñer á disposición dos clubs da provincia as grandes instalacións que nestes momentos temos.”
Pola súa parte, José Antonio Sama, responsable do CB Ría de Ribadeo, afirmou que “dende o noso club xa o ano pasado tíñamos coma obxectivo promover o baloncesto en toda A Mariña, e este ano seguimos a traballar nesta liña e empezamos forte da man do Concello. Comezamos cun partido de máximo nivel na provincia de Lugo, pero non queremos que este evento se quede só nun partido. Queremos facer partícipes aos rapaces do noso Club, e por iso, a mesma mañá do partido teremos unha sesión de adestramentos cos rapaces impartida polo primeiro e polo segundo adestrador do Breogán. Nela tamén participarán os xogadores.” Sama quixo “agradecer o apoio do Concello, da Deputación e do noso novo patrocinador Hotel Bouza, porque nestes tempos toda axuda é pouca”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
