A Asociación Cultural Saíñas convida aos veciños e veciñas da comarca a participar na décima edición da Foliada da Mariña que se celebrará o vindeiro sábado 20 de setembro nunha carpa instalada no Centro Cívico de Xove. O programa de actos dará comezo ás 13.00 horas cun pasarrúas a cargo dos gaiteiros de Saíñas e posterior sesión vermú. A partir das 17.30 horas haberá xogos e obradoiros de xoguetes e instrumentos tradicionais. Xa ás 21.00 horas realizarase unha cea popular con churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida por 5 euros – en venda anticipada- ou 7 no caso de adquirila entrada o propio día da festa-. A foliada dará comezo ás 22.00 horas.