Lugo 31 de outubro de 2014.- Os afiliados de NNXX de Viveiro elixiron este venres a Antonio Lage presidente local da formación xuvenil.
O conclave celebrouse na sede do PP de Viveiro, e nel, estiveron presentes o presidente provincial de NNXX, Daniel Vega, o secretario xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro entre outros representantes políticos da zona.
O recén elixido presidente, comprometeuse a traballar e a representar a formación. “Traballaremos arreo e sairemos a rúa a explicar as ideas do partido ao que pertencemos”- recalcou o popular.
Lage tamén se comprometeu a escoitar as inquedanzas dos cidadáns de Viveiro e a defender os seus intereses. “Dende aquí ofrecemos a nosa disposición para colaborar, reunirnos e escoitar a tódalas asociacións xuvenís que haxa no Concello”, afirmou.
O presidente provincial de NNXX, Daniel Vega, manifestou que o PP non pode dar motivos de críticas e facilidades aos profetas apocalípticos.
Dixo o presidente provincial da formación xuvenil que NNXX é unha organización referente para a mocidade e afirmou que a xuventude ten que estar preparada para traballar por un presente e para garantir un futuro.
O encargado de clausurar o congreso foi o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, quen definiu a formación xuvenil como futuro do partido. “Sodes o futuro do partido”- manifestou Balseiro, quen animou a Novas Xeracións a saír á rúa e mostrar o compromiso e orgullo co proxecto do PP .
En materia xuvenil, Balseiro salientou realidades como a conxelación no que vai de lexislatura das taxas universitarias; a posta en marcha de becas que complementan as estatais ou da primeira Lei de Xuventude de Galicia, ata o punto de poñer en marcha o máis completo plan de apoio á xuventude de todas as comunidades autónomas.
ANTONIO LAGE SEARA
Naceu no ano 1987 en Viveiro e é Graduado en Protocolo e Relacións Institucionais pola Universidade Europea de Madrid.