A Mariña, 1 de outubro de 2014. O BNG mariñao cualificou “deserto inversor” as partidas incluídas polo goberno do estado para 2015 na comarca cunhas previsións que dividen por cinco os investimentos de 2014. “Coa A8 rematada, en uso dependendo das circunstancias climatolóxicas e sen melloras na antiga N-634 ao seu paso por Mondoñedo, coa autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao aínda en trámites administrativos, a ministra Ana Pastor converte en esmolas os esforzo inversor do Estado na comarca en relación aos últimos anos.” Para a responsábel comarcal, Ana Ermida Igrexas, “os efectos desta parálise inversora terá efectos demoledores na actividade económica da comarca e en consecuencia no mantemento e xeración de emprego”.
O 2015 SERÁ UN ANO PERDIDO NO ESFORZO INVERSOR DO ESTADO NA COMARCA
Para o BNG mariñao, unha vez revisadas as partidas económicas previstas polo goberno do Estado na Mariña, “o 2015 será un ano perdido no que non existe non que non veremos un so euro en novas infraestruturas na comarca”. Coa A8 rematada en uso en función das circunstancias climatolóxicas e sen melloras previstas na alternativa da N-634 non se albisca ningún investimento novo xa que na Autovía de Conexión entre Barreiros e San Cibrao, aínda pendente da redacción do proxecto construtivo, no mellor dos casos non verá maquinaria en funcionamento ate dentro de dous anos. A portavoz nacionalista, Ana Ermida, lembrou tamén que da apertura do dique norte de Morás non se sabe nada desde que o PP chegou ao goberno do Estado.
A PARÁLISE EN NOVOS INVESTIMENTOS TEN EFECTOS DEMOLEDORES SOBRE O EMPREGO E A ACTIVIDADE ECONÓMICA DA COMARCA
Para a fronte nacionalista na Mariña “as esperanzas de mantemento e xeración de emprego derivada do investimento en novas infraestruturas por parte do Estado para 2015, son unha quimera que deixa sen esperanzas a moitas pequenas e medianas empresas da comarca que agardaban polo desbloqueo de infraestruturas comprometidas como a A-82 de conexión entre Barreiros e San Cibrao”. Neste sentido, Ana Ermida, lembrou que “existían compromisos para o remate desta obra en 2014 que non cumpriron nin o goberno do PSOE nin agora o PP a quen botan en cara a falsidade dunha suposta reactivación económica que na Mariña non existe á vista da redución dun 80% no esforzo inversor en relación a 2014”.
APERTURA DUNHA CAMPAÑA SOCIAL E INSTITUCIONAL PARA MELLORAR AS CIFRAS
O BNG mariñao explica que os 3,05 millóns de euros previstos polo Estado na comarca en 2015 dividen por seis o investimento de 18,3 millóns de 2014. O 78% do investimento vaise na A8 e en obras de mellora da N-634 entre Foz e Burela, o resto corresponde a partidas de costas sen especificar e pequenas actuacións de rehabilitación. O BNG anunciou unha campaña social e institucional para tratar de mellorar estas cifras durante período de emendas que se abre no trámite parlamentar.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



