A axencia marítima NAUCHER publicou na súa páxina web a carta que enviou ó Colexio Oficial Nacional de Prácticos de Porto, á Sra Dª. SORAYA SAEZ DE SANTAMARIA ANTON, actual Presidenta do Comité especial para a xestión do ébola.
Na devandita carta indícase o alto risco que supón confiar unicamente no documento chamado de “Libre Plática” que realiza o capitán do barco durante a súa travesía e que simplemente consiste nun fax que envía o capitán do barco a Sanidade Exterior declarando “que “non” ten persoal enfermo a bordo”. Polo tanto, pídese que interveña Sanidade Exterior en primeiro lugar para asegurarse que non existe síntomas do virus, e a continuación que suban a bordo o resto de persoal como é o caso dos Prácticos que axudan no atraque dos barcos.
Segundo publica NAUCHER, España é con moito o país onde máis barcos atracan con precedencia dos tres países que teñen estendido o virus, pero en pero Estados Unidos, Arxentina, Angola xa están tomando medidas de control para evitar a entrada do virus.
As medidas que formulaba o CSI-F hai unhas semanas, agora non resulta tan desatinadas e pide a ALCOA que non se quede apartada do problema e que utilice a súa influencia para esixir máis protección no seu porto de descarga, xa que se se producise un contaxio entre o seu persoal, iso supoñería o peche das instalacións e por suposto a paralización da produción. Dende o CSI-F tamén pedimos ao presidente do Comité de Empresa Sr. Combarro que non se conforme co que lle di a empresa e escoite a xusta reclamación dos traballadores e mandos do Porto de ALCOA, máxime cando ademais de ser representante de UGT, se ten o cargo de Delegado de Prevención dos traballadores.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



