Pinchacarneiro presenta “Os perseguidores de soños” o sábado 11 de outubro a partir das 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro dentro do programa Buxiganga 2014. Esta peza teatral para todos os públicos ambiéntase nun lugar incerto do futuro. Todo segue máis ou menos
igual. Os soños foron prohibidos en nome do progreso e da súa convivencia harmónica. Nunha pequena vila, a banda de Atilana Sinclair dedícase
a traficar con eles. Rouba soños e véndeos. Unha parella de gardas civís espera a banda de delincuentes e agarda o momento de collelos. Colonio, o
fillo fuxitivo e renegado de Amilana, entorpece unha e outra vez o negocio da súa nai. Dous matóns deAtilana queren ascender na organización; un deles, Brutano, está namorado de Arnaldina, a fiel secretaria de Atilana, que á súa vez devece por Colonio. Outros dous matóns queren ser humoristas e Atilana confésase con don Alfredo, o seu amante e crego da vila, que está a rematar unha obra teatral que busca pacificar os ánimos de todos os implicados: unha lectura surrealista de Esta obra estrease co gallo da visita do «Papito», o enviado de Deus á terra. Realidade ou fantasía? Soño ou pesadelo? A fantasía
é imperfecta xa que a imaxinan as persoas e a realidade perfecta porque a escribe Deus? Somos parte dun argumento sen fin? Todo se complica.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



