Lourenzá, 17 de outubro de 2014. O Concello de Lourenzá colabora co proxecto organizado pola entidade coruñesa Espacio Garabatos. Con el, pretende organizar na propia vila laurentina, un grupo de estudo de entre 12 e 15 persoas maiores de idade que desexen prepararse para concorrer ás probas de obtención do título de Graduado en ESO. Para dar a coñecer a iniciativa, o Concello organiza este xoves, 23 de outubro, unha reunión informativa no salón de actos da Casa Consistorial a partir das 20.00 horas.
A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, afirmou que “dende o noso Concello, e conscientes como somos da necesidade que hoxe en día hai de ter unha certa titulación para acceder a determinados postos de traballo, facilitamos unha charla informativa o vindeiro xoves, 23 de outubro, ás 8 da tarde no salón de actos do Concello. Nela a entidade Espacio Garabatos das Pontes, na provincia da Coruña, vai ofrecer a todas aquelas persoas laurentinas maiores de 18 anos, a posibilidade de formar un grupo de estudio onde reciban clases para despois poder acceder aos exames de obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria”.
A edil popular engadiu que “se formamos un grupo mínimo de 12 ou 15 persoas, estas terán a posibilidade de recibir esas clases no noso propio Concello. Tamén creemos que é interesante para a xente de concellos limítrofes non ter que desprazarse a lugares afastados para recibir esas clases e finalmente poder acceder á convocatoria de obtención do título de ESO para maiores de 18 anos”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



