Debido a que o campo do Cruceiro non se atopaba apto para celebración desta tirada, tivémonos que desprazar ata o campo do Centro Social de Sumoas, onde finalmente realizamos as tiradas. Para segunda volta, concretamente para o 31 de xaneiro do vindeiro ano contamos con que o campo do C. Social do Cruceiro se atope en perfectas condicións.
Liga Sénior Masculina
Pincharon os dous líderes xa que só puideron ser 9º e 10º na tirada, o que posibilitaou que o grupo de cabeza se apretase. Líder, unha semana máis, Rafael con 40 puntos e que perde parte da ventaxa que levaba; segundo, a costa de Moisés, temos a Francisco Pérez con 32 puntos grazas aos 10 puntos acadados nesta tirada. Terceiro Moisés con 30, cuarto Sócrates con 27, etc. Ninguén que destaque polo momento, e os favoritos están por non deixar escapar a ninguén. Como dato, os tres primeiros actualmente na clasificación puntuaron nas 5 tiradas celebradas ata o momento.
Liga Sénior Feminina
Excelente xornada de Salomé Cardoso, quen logrou cortar a racha de Carmen que quedou relegada ata o 4º posto na tirada. Tamén a actual campiona (Belén Meitín) estivo atenta e o 2º posto obtido permítelle recortar diferenzas co liderato.
Despois de 5 campionatos celebrados, podemos distinguir un trío de cabeza -formado por Carmen, Salomé e Belén- que ata o momento é moi superior ao resto, e de seguir así as cousas está claro que van ser as principais favoritas ao podio final.
Liga Sub 16
Vitoria -4ª de 5 tiradas celebradas- de Daniel Alonso, o cal está xogando a un nivel altísimo para súa idade. Alto, forte, a verdade é que nos está a sorprender semana a semana; se continúa con esta progresión, non nos cabe dúbida de que imos estar diante dun gran xogador de futuro. Algo que observamos en Daniel é a súa fortaleza mental, o que lle permite manter unha gran regularidade. Precisamente, o outro gran xogador desta categoría Miguel López, non está a mostrar todo o talento que atesora, mostrándose moi irregular, alternando boas e malas actuacións; debe recuperar fortaleza mental se quer seguir o rastro de Daniel, quen, hoxe por hoxe, exerce un dominio incontestable na categoría.
A vindeira tirada deberíase celebrar no campo do Centro Social de A VARA, ESTE SÁBADO, 8 DE OUTUBRO DE 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (1 NOVEMBRO DE 2014) CELEBRADO EN SUMOAS AO ESTAR O CAMPO DO CRUCEIRO INSERVIBLE NESTE INTRE 40 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 266 | 12 |
SEGUNDO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 262 | 10 |
TERCEIRO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA | 262 | 8 |
CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 260 | 7 |
QUINTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 259 | 6 |
SEXTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 231 | 5 |
SÉTIMO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 224 | 4 |
OITAVO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 219 | 3 |
NOVENO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 214 | 2 |
DÉCIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 213 | 1 |
MELLOR BOLADA | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA | 76 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 177 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FROMOSO | 158 | 4 |
TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 120 | 3 |
CUARTO | JULIA LÓPPEZ FORMOSO | 89 | 2 |
QUINTO | LAURA IGLESIAS MARIÑO | 84 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 52 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 143 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 106 | 4 |
TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 102 | 3 |
CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 91 | 2 |
QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 83 | 1 |
MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 41 | 1 |