San Cibrao, novembro de 2014.- A Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Cibrao denuncia a situación de abandono que presenta o principal acceso viario a San Cibrao, en concreto, a estrada provincial que une a urbanización Río Cobo con a Península de la Paz.
“La maleza invade las aceras que utilizan decenas de personas cada día. Es una zona absolutamente descuidada, apesar de ser un lugar de paseo, muy utilizado por los vecinos, o por aquellas familias que llevan a sus hijos al colegio de San Ciprián”-explica o presidente, José Luis Sariego.
Desde o colectivo veciñal denuncian, ademais, que esta non é unha situación puntual senón habitual; xa que a Deputación non realiza nin o control, nin as labores periódicas de mantemento nesta estrada e nas súas marxes, a pesar de que lindan con montes cuxa abundante vexetación termina coméndose as beiravías “y da igual la estación del año en la que estemos”.
José Luís Sariego explica que os veciños están indignados “al ver como en un pueblo como el nuestro, del que presumimos de su belleza, haya alguien con interés de destruir su imagen” y es que sospechan “que esta situación de abandono no puede ser casual”.
Cruz da Venta trasladará un escrito á Deputación de Lugo esixindo que se faga cargo das súas obrigas, como titular da estrada e outro ó Concello para que traslade esta queixa por vía oficial.
A asociación de veciños di que se deron casos de persoas maiores e nenos que tropezaron coa maleza das cunetas e lamentan que quen acceden a San Cibrao desde a estrada nacional, que entronca con esta vía provincial, “tenga que ver este espectáculo tan bochornoso, que permiten los responsables provinciales”.
Neste sentido, din que dado que hai dous concelleiros de Cervo a soldo da Deputación, que pasan por ahí prácticamente a diario, podían mostrarse un pouco más solidarios cos seus veciños e interesarse porque se atendan estas reclamacións.
EDIFICIOS EN ESQUELETO
O colectivo veciñal tamén preguntará pola situación na que se encontran varias edificaciones sen rematar de construír que levan anos paradas nas inmediacións desta zona. Entenden que estes esqueletos estropean tamén a imaxe do pobo e, aínda que darlles unha solución é un procedementeo máis complexo, non renuncian a obter a información oportuna, dos seus promotores, para coñecer que previsións de futuro hai sobre as mesmas.