A Mariña, 18 de novembro de 2014.- O Partido Popular levará aos plenos municipais dos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Ourol e Burela, unha moción para reprobar as afirmacións efectuadas polo voceiro socialista do Territorio, Xose Sánchez Bugallom contrario a que a Xunta invista na obra do corredor entre Celeiro e San Ciprián.
Os populares lembran que no último debate en Comisión sobre os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o parlamentario socialista considerou “chamativa” a alta inversión que a Xunta destinará a obras nos corredores da provincia de Lugo, tanto na zona sur (corredor Sarria-Monforte), como na zona norte (corredor Celerio-San Ciprián).
Por si isto fora pouco o deputado socialista evidencia non compartir, nin entender que a Xunta aposte por rematar os corredores lucenses e non o do Morrazo, en Pontevedra, para quen esixiu máis atención, priorizando alí os investimentos da Xunta.
Os populares pedirán que estas seis Corporacións aproben un acordo de apoio inequívoco aos investimentos previstos pola Xunta de Galicia, nos orzamentos de 2015, para o remate das obras neste tramo do corredor, e incluirán un segundo punto, reprobando as manifestacións efectuadas polo socialista Sánchez Bugallo.
A idea dos populares é que os respectivos concellos insten á Xunta a que desoia as propostas do PSOE para priorizar o corredor do Morrazo fronte ao remate do corredor Celeiro – San Ciprían e do corredor entre Sarria e Monforte.
“O PSOE na Mariña critica os investimentos da Xunta por insuficientes, mentres no Parlamento os seus compañeiros cuestionan o elevado gasto que a Xunta achega para o noso corredor (case 10 millóns de euros) porque a xuízo do PSOE debería ir a outras zonas de Galicia. Non hai quen lles entenda”- conclúen desde o PP.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



