Novo líder na categoría Sénior Masculina da Liga de Bolos de Xove tras a tirada de Vilachá. Rafael González perde o liderato -ó non participar nesta tirada- a favor de Arturo Vigo, que con 2 victorias e 2 segundos postos encabeza a clasificación con 47 puntos. Rafael González pasa á segunda posición que agora comparte con Sócrates Campo, ambos con 43 puntos. Francisco Pérez con 40 e Moisés Rodríguez con 39 puntos, mantéñense á expectativa. A este grupo súmase o vixente campión Álex Meitín con 35 puntos grazas a victoria obtida nesta tirada. Polo tanto, moita igualdade no grupo e cabeza. Hai anos que non está tan reñida a clasificación, polo que auguramos unhas próximas tiradas moi competitivas. Os favoritos están a xogar a un altísimo nivel, con poucos fallos.
Liga Sénior Feminina
Grazas á súa victoria, Belén Meitín accede á segunda posición da táboa en detrimento de Salomé Cardoso; de todas formas, xornada positiva para ambas xa que consiguen recortarlle puntos á líder, que unha semana máis é Carmen Roca, agora con 32 puntos, con 3 e 4 puntos de vantaxe con respecto ás súas inmediatas perseguidoras. Este triunvirato está abrindo unha brecha moi importante co resto das participantes, onde o que se augura é que posto acadará cada unha das tres ao final. Se vemos o tanteo obtido nesta tirada de Vilachá polas 3 primeiras (Carmen, Salomé e Belén) con respecto ao resto das participantes, observamos que hai todo un abismo; Carmen que quedou terceira con 246 tantos, sacoulle 105 tantos á cuarta clasificada. Agora mesmo as tres están a xogar a un nivel superior ao resto.
Liga Sub 16
Nesta Liga non hai cambios significativos. O máximo interés está en cantos tantos lle vai a sacar o líder Daniel Alonso ao resto dos competidores. Nesta tirada de Vilachá Miguel López cáseque consigue sorprender ao líder, pero fallou ao final, xa que puido a presión con él, encolléndoselle o brazo nas boladas decisivas. Gustaríanos moito que Miguel se recuperara xa que pensamos que non está a dar todo o que pode, xogando neste intre a un nivel inferior aos das súas capacidades reais.
Coma noutros deportes, o entrenamento tamén é importante nos bolos; neste sentido, agora sabemos que Daniel López estivo realizando entrenamentos intensivos durante este pasado verán co seu avó José López “o catalán”, un gran xogador xa retirado e que agora está a apoiar ao seu neto. Estas son as cousas que nos enchen de satisfacción, cando vemos que os saberes se transmiten entre xeneracións.
A vindeira tirada deberíase celebrar no campo do Centro Social de MORÁS, ESTE SÁBADO, 22 DE OUTUBRO DE 2014.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (15 NOVEMBRO DE 2014) 33 INSCRITOS: 17 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES |
345 |
12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA |
336 |
10 |
| TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
328 |
8 |
| CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
324 |
7 |
| QUINTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
315 |
6 |
| SEXTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
301 |
5 |
| SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO |
277 |
4 |
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
269 |
3 |
| NOVENO | JOSE VIGO LAGE |
268 |
2 |
| DÉCIMO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO |
252 |
1 |
| MELLOR BOLADA | JAVIER GONZÁLEZ PÉREZ |
99 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
| PRMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
178 |
6 |
| SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
147 |
4 |
| TERCEIRO | LAURA IGLESIAS MARIÑO |
143 |
3 |
| CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
129 |
2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
112 |
1 |
| MELLOR BOLADA | LAURA IGLESIAS MARIÑO |
60 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
261 |
6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
251 |
4 |
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL |
246 |
3 |
| CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA |
141 |
2 |
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO FRAGA |
136 |
1 |
| MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO |
79 |
1 |





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
