A Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove acolle ata o 30 de novembro a mostra “Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade” que se pode visitar de luns a domingo de 18.00 a 21.00 horas.
A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde.
Rober Amado, coma gañador de Imaxes con Fondo 2012, emprendeu en outubro de 2013 unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego nos 11 anos de cooperación coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprendeu no ano 2012 cunha actividade de sensibilización novidosa e aberta á cidadanía galega a partir de 12 anos de idade, a primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’. O concurso, aberto desde o 15 de abril ata o 15 de novembro de 2012, sumou un total de 47 participantes.
O primeiro resultado do concurso foi a exposición que leva o mesmo nome, ‘Imaxes con Fondo’, deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro, e que está conformada pola compilación das 19 obras máis significativas entre as presentadas.
O segundo resultado foi a viaxe de case un mes a Cabo Verde por parte de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso na súa categoría.
Rober Amado foi nado en Ferrol en 1985. É Licenciado en Psicoloxía e fixo un Máster en Cooperación Internacional e outro en Reporteirismo. É fotógrafo e redactor multidisciplinar, tendo colaborado con diversos medios estatais como El País, La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Temps ou Periodismo Humano. Un ano despois de gañar Imaxs con Fondo, no 2013 gañou o premio TIFLOS da ONCE na categoría ‘xornalismo dixital’.
Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.
Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Xove, máis concretamente co Departamento de Emprego, xa que en Xove está coordinada pola AEDL Rosa Lage.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



