Madrid, 13 de novembro de 2014. – A deputada socialista por Lugo Margarita Pérez Herraiz reproba o rexeitamento do PP, este xoves no Pleno do Congreso, de todas as emendas do Grupo Socialista para a provincia que Lugo.
O PP rexeitou así, entre outras, as emendas que da man de Pérez Herraiz o PSOE presentou por 10 millóns de euros para un Plan Demográfico para as provincias de Lugo e Ourense, 10 millóns para un Plan de posta en valor e apoio á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, 3 millóns para un plan provincial de supresión de pasos a nivel, 2 millóns para a conexión de alta velocidade Ourense-Lugo e 2 millóns para a estación intermodal.
Sobre este punto, a deputada lucense sinala que “o esquecemento por parte do PP da estación intermodal nos PGE 2015 evidencia a nula intención de facer a conexión”. Así mesmo, incide en que “os PGE 2014 prevían para o 2015 unha partida de 6 millóns para un plan de supresión de pasos a nivel para a provincia de Lugo e nos PGE 2015 obvian o previsto, deixan a partida a 0 euros e rexeitan a nosa emenda”.
En relación aos plans Demográfico e de apoio á Ribeira Sacra propostos polo PSOE, defende a “absoluta necesidade de frear o envellecemento poboacional na provincia de Lugo”, e “o indiscutible valor da Ribeira Sacra”.
A deputada socialista lamenta ademais a oposición do PP ás emendas socialistas de 500.000 euros para o desdobramento da Rolda Norte de Lugo, de 2 millóns para o corredor|axente Barreiros-San Cibrao e de 1,5 millóns para a autovía Lugo-Ourense; así como as presentadas polo PSOE para saneamento de augas, como 400.000 euros para a traída de augas de Fonsagrada, e para costas e recuperación de litoral con emendas por valor de 1,4 millóns de euros.
Herraiz denuncia “o abandono do PP á provincia de Lugo” e apunta a “cerrazón do PP, que vota sistematicamente de forma negativa a todas as emendas de todos os grupos da oposición, sexan as que sexan”. “A non ser que voten a favor por erro” -añde.
Así, alude a un grupo de emendas da oposición que o PP votou a favor, por erro, pero entre as que non obstante non se encontraba ningunha das emendas do PSOE para Lugo. “A Lugo non lle tocou a errónea pedrea” – ironiza.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



