O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou hoxe na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, as XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, que este ano atraen á cidade a preto de 700 persoas, entre profesionais e expertos do sector. Gómez Besteiro, que estivo acompañado por Noelia García Santoalla, presidenta de Seragro, e Germán Santamarina, decano da Facultade de Veterinaria, quixo destacar que o interese que xeran estas xornadas en cada edición é “mostra de que o agro galego ten ante si, malia as dificultades, un prometedor futuro”.
O Presidente salientou que non é a primeira vez que os profesionais dos sector lácteo teñen ante eles un panorama incerto, coma o que se presenta en 2015 coa implantación da nova PAC e a desaparición do sistema de cotas lácteas, “pero si que poida que nunca antes as Administracións competentes vos teñan ofrecido tan pouca, ou ninguna, información”. Esta falta de información concreta vén a agravar o feito de que, segundo destacou, as políticas emprendidas nos últimos tempos “teñan perseguido intereses moi alonxados do seu fin último, que debería ser favorecer e protexer a quen realmente vive do campo, as 50.000 persoas que o traballan”.
Ante estes retos, Gómez Besteiro defendeu a necesidade de escoitar aos profesionais do sector, “que sodes quen realmente pode orientar acerca das solucións máis axeitadas”. Dentro destas, o Presidente destacou a necesidade de facer desaparecer as desigualdades “para que a xente poida vivir no campo e do campo”, garantindo que todos teñan as mesmas oportunidades de acceder a infraestruturas e dotacións públicas; a Internet e ás novas tecnoloxías, ou a sanidade e educación, públicas e de calidade. “Isto non é pechar, coma se ten feito dende 2008, 50 escolas e 140 aulas, case todas elas no rural”.
Do mesmo xeito, avogou pola mellora do ordenamento territorial para a posta en produción de terras abandonadas en Galicia, impedindo o descontrol na replantación das superficies agrarias e aumentando a base territorial das explotacións, especialmente de cara á implantación da nova PAC o 1 de febreiro de 2015, compensando, ao mesmo tempo, “a intensificación da produción e a excesiva dependencia da compra de alimento”.
Protección fronte aos abusos
O Presidente insistiu tamén na necesidade de artellar leis que favorezan a rendabilidade das explotacións garantindo, por exemplo, que os prezos do leite nunca sexan inferiores aos custes de produción. De feito, segundo os datos do último informe mensual do Fondo Español de Garantía Agraria, os prezos do leite galego marcaron novamente unha media inferior á nacional, 0,336 céntimos por litro, fronte aos 0,351 de media que recibiron o resto de gandeiros do país, “o que nos devolve á realidade logo daqueles anuncios feitos pola Xunta de Galicia de que os prezos baixos eran cousa de tempos pasados”. Esa lexislación tamén debería poñer fin aos posibles abusos das distribuídoras impedindo a fixación unilateral destes prezos do leite, os cales “deberían reflectir as horas de traballo e a especialización necesaria para alcanzar a calidade que ten o noso leite”, subliñou Besteiro.
Potenciar a industria transformadora
O Presidente insistiu na necesidade de potenciar a industria para “conseguir que esta transforme máis do 30% do leite procesado na nosa Comunidade, que é o que está a facer actualmente” en forma de derivados simples, que xeran menor valor engadido. Gómez Besteiro lamentou que Galicia produza preto do 40% do leite de España, practicamente a mesma porcentaxe no caso dos produtos pesqueiros, e que, pola contra, a industria pesqueira supoña case o 50% da existente en todo o país mentres que a láctea non chega ao 10%.
Aproveitar o potencial do cooperativismo
“Hai que aproveitar ao máximo o potencial do cooperativismo, que suma case 20.000 postos de traballo en Galicia, preto do 2% da poboación ocupada”. Besteiro defendeu ás cooperativas como “mellor exemplo da trascendencia da clave humana como factor de eficacia e eficiencia económica, de crecemento social e persoal”, polo que o apoio ás mesmas é fundamental para que estas afronten retos como “a superación das barreiras dos mercados tradicionais, a través da venda directa ao consumidor ou a creación de novos sistemas alimentarios locais”
Conferencias e debates
Tras o acto de inauguración deron comezo as conferencias, de acceso libre e gratuíto que, baixo o epígrafe “Unha ollada cara o futuro”, abordarán temas como as novidades tecnolóxicas e de protocolos de traballo, así como as novas normativas, entre elas a desaparición do sistema de cotas lácteas.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



