Foz, 7 de novembro de 2014. Cunha xuntanza celebrada este xoves en Forxán o Concello de Foz puxo en marcha unha campaña de concienciación contra os atropelos nas parroquias. A iniciativa está dirixida a asociacións de veciños e persoas maiores que desexen participar nun ciclo de charlas ofrecidas pola Policía Local. Nelas varios axentes aconsellan aos veciños sobre como evitar atropelos, facendo un bo uso do chaleco reflectinte e evitando recorrer vías pouco iluminadas durante a noite. A campaña complétase coa proxección dun vídeo preventivo protagonizado por traballadores municipais e axentes da propia Policía Local de Foz, que será usado tamén pola Dirección General de Tráfico na loita contra os atropelos.
O rexedor municipal, Javier Jorge Castiñeira, explico hoxe que “onte iniciáronse por parte da Policía Local diferentes charlas para a concienciación dos veciños das parroquias de Foz, a través de todas as asociacións de veciños que así o desexen, dentro dunha campaña contra os atropelos. Neste caso o Concello de Foz, a través da Policía Local, é precursor incluso na gravación dun vídeo no que participou persoal do Concello e a propia Policía Local. O vídeo sirve tamén á DGT na súa campaña contra os atropelos. O que se trata é de concienciar sobre todo a persoas maiores que viven en núcleos rurais polos que atravesan estradas nacionais, autonómicas, provincias e incluso locais. Tratar de previr todo este tipo de accidentes en consonancia con a propia Dirección General de Tráfico, posto que son múltiples os incidentes deste tipo e hai que concienciar sobre o uso dos chalecos, que nestas charlas se subministran a tódolos participantes por parte da Policía Local. Deben usar os chalecos e deben tratar de buscar os camiños e sentidos da circulación correctos, evitando no máximo posible circular en momentos nocturnos sobre todo por vías que non están suficientemente iluminadas”.
Castiñeira engadiu que “as charlas estanse levando a cabo por parte da Policía Local, por medio do axente Galante e o xefe da Policía Local, Jesús Amor Prieto, que é o responsable da campaña. Dende logo trátase dunhas sesións moi ilustrativas que quedan abertas ao resto de asociacións de veciños das parroquias que desexen participar e que xa se lles comunicou por escrito no seu momento. A nosa intención é levar a cabo a campaña en tódalas parroquias, xa que se trata dunha iniciativa moi boa pola que lle queremos dar as grazas á Policía Local por colaborar. Fai uns días anunciábamos que había charlas cos máis pequenos e que se estaba a promover unha campaña no Parque Infantil de Tráfico. E agora, estamos tamén a realizar charlas cos máis maiores nas parroquias, concienciando con esta campaña para evitar atropelos”.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



