O voceiro socialista na Deputación, Manuel Martínez, mostrou este venres a indignación do Goberno provincial ao comprobar como, “mentres a xente loita por chegar a fin de mes, o Partido Popular gasta miles de euros en propaganda”. “Deben sacar xa as facturas desta e das anteriores ocasións nas que dedicaron miles de euros a publicidade falsa porque, non é a primeira vez, nin a segunda, e deben explicar como as pagan. Os cidadáns esperamos que o PP explique de onde proveñen os cartos, sobre todo cando falamos dun partido continuamente ligado a supostos manexos ilícitos de diñeiro”, subliñou.
“Mentres máis de 23.700 lucenses están no paro, e mentres hai 8.500 fogares con fillos que sofren pobreza severa na provincia debido aos recortes brutais e á nefasta xestión da crise que fan os Gobernos de Rajoy e Feijóo, o Partido Popular dedícase a gastar diñeiro en publicidade falsa contra o que considera o seu inimigo para tratar de enganar aos cidadáns e tapar as súas vergoñas. Non o conseguen, teñen menos credibilidade que o seu gran colega, o pequeno Nicolás”, asegurou Martínez.
“Ao PP non lle importan os lucenses, senón unicamente seguir no poder, por iso recorren á mentira e ao carrexo de votos. Se realmente lle preocuparan os veciños da provincia, esixirían a Feijóo que dote dunha vez ao HULA dos servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas, tal e como fixo esta semana o Presidente da Deputación no Parlamento, demostrando o seu compromiso con Lugo e cos lucenses”, argumentou o Deputado. “Para iso, o PP non move nin un dedo”, engadiu.
“As prioridades do PP non son o emprego nin o benestar social”
A actuación dos populares volve a deixar claro cales son as súas prioridades. “Non é o emprego. Dende que goberna Feijóo recortaron os fondos un 54% e Rajoy rebaixounos no 2015 en 4.500 millóns, deixando á xente sen traballo totalmente desamparada”, recalcou. A diferenza “é abismal: no seu último ano de goberno na Deputación, o PP destinou a emprego 18.030 euros, nós en 2015 dedicaremos 300 veces máis: 5,3 millóns de euros”, explicou Martínez.
A prioridade dos populares tampouco é o benestar social. A Deputación comezou a investir en emprego, e tamén en servizos sociais “cando chegou este Goberno. De 515.000 euros no 2007 co PP, pasamos a case 3 millóns de euros no 2015”, indicou.
O cambio da Deputación
“O PP ten que recorrer á mentira, á manipulación, á opacidade e ao carrexo de votos porque coa verdade na man non é capaz de rebater que, co actual Goberno progresista, a Deputación viviu unha mellora extraordinaria, tanto en calidade democrática e transparencia, como en xestión económica e investimentos”, explicou Manuel Martínez.
A Deputación de Lugo é hoxe “unha institución moderna, transparente, eficaz, sensible ás demandas dos lucenses, tamén nos seus orzamentos, e que ademais xestiona ben os fondos públicos cunhas contas totalmente saneadas e estables”, manifestou. Dende hai case 8 anos:
– Racionalizou os Gastos de Persoal ata baixalos en case 12 millóns de euros, sen recortar dereitos nin eliminar servizos.
– Foi a Deputación que máis reduciu en Gastos Correntes, 4,6 millóns de euros, e hoxe está entre as que menos porcentaxe do seu orzamento destina a este capítulo.
– O PP deixou presupostada no 2007 unha débeda de 122 millóns de euros. Este Goberno deixaraa a cero no 2016, é dicir, non lles quedará carga económica algunha ás xeracións futuras.
– Todo isto, mantendo ao mesmo tempo os investimentos. De feito, a de Lugo “é, con diferenza, a Deputación galega que máis inviste por habitante”, explicou o voceiro socialista.
Na Deputación de Lugo “demostramos que se goberna mellor desde a esquerda. Que hai unha alternativa clara, viable e solvente a unha dereita insensible, pechada en si mesma, que non fai máis que recortar dereitos aproveitando a crise para aplicar o seu ideario político máis radical, e que ademais se cruza de brazos ante a corrupción”, afirmou o Deputado.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



