Lourenzá, 21 de novembro de 2014.- A Xunta de Galicia puxo en marcha o dispositivo de emerxencia para controlar un verquido de gasoil ao río Baos, en Lourenzá, que se detectou esta mañá.
Ante a chamada de alerta dun veciño do lugar, o 112 mobilizou na zona aos efectivos precisos para tratar de controlar o verquido e iniciar os labores de limpeza. Así, participaron no operativo representantes da Policía Autonómica, Garda Civil, os GES de Cervo, Bombeiros de Barreiros, Augas de Galicia, o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Delegación Territorial de Lugo e a agrupación de Protección Civil de Lourenzá.
O verquido, que se produciu pola rotura do depósito de gasoil do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Juan Rey, de Lourenzá, foi atallado no primeiro momento con barreiras anticontaminación e comenzouse a traballar con bombas de achique para evitar a extensión do mesmo.
Coa zona de verquido acotada, ao longo da tarde, os equipos de emerxencias procederon a colocar no cauce do Baos barreiras e mantas absorbentes para ampliar a capacidade de captación de residuo e que permanecerá colocadas nos próximos días. Do mesmo xeito que estas medidas, dende as dependencias do departamento de Mar en Celeiro desprazáronse recipientes específicos para a recollida deste tipo de residuos, que serán empregados para a retirada dos materiais empregados na limpeza nos próximos días.
Polo que respecta ao centro educativo, o inconveniente xurdido no depósito non afectou ao normal desenvolvemento das clases, do mesmo modo que sucederá nos próximos días. Así, para o subministro da calefacción do colexio empregarase un depósito secundario co que conta o propio centro e, ao longo da próxima semana, no centro disporase tamén un depósito auxiliar de maiores dimensións para completar o servizo.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



