O pasado domingo a atleta de Maderas Barcia Ainara Rodriguez volvía a demostrar que está nun momento de forma envidiable. A pesar de pasar de categoría alevín a infantil e ser unha atleta de primeiro ano foi capaz de impoñerse na prestixiosa carreira de Ferrol o pasado domingo 9 de novembro diante de preto de 100 atletas.
Nesta prestixiosa “II edición Contra el Cancer – Corre por Ferrol” Ainara Rodríguez impoñíase cun tempo en meta de 3,55 despois de percorrer 1.100 metros. Ademais, Iria Rodríguez lograba o subcampionato na categoría benxamín feminino e Ian Méndez lograba o bronce na categoría benxamín masculino.
Pola súa parte, a sección de atletismo de adultos tamén estivo presente en Ferrol colaborando con esta causa solidaria onde obtiveron destacados resultados.
Marcos Rguez: posto 23 cun tempo de 18,30
Loli Piñeiro: posto 9 cun tempo de 23,16
Marisa Ares: posto 11 cun tempo de 24,00
Begoña Glez: posto 46 cun tempo de 27,43.