Ribadeo, 18 de novembro de 2014. Cinco novos músicos debutarán coa banda municipal de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrará este sábado, día 22, ás 20.30 horas no Cine Teatro.
O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester Martínez, anunciou que “este sábado, día 22 de novembro, que é xusto o día da patroa dos músicos, Santa Cilla, vai ter lugar o concerto na súa honra por parte da Banda Municipal de Música de Ribadeo no Cine Teatro ás oito e media da tarde. Este ano, como novidade, a xente pode ver polas rúas que os carteis que anuncian o concerto inclúen un dos debuxos feitos por rapaces dos colexios de Ribadeo”. Nesta ocasión o debuxo elixido é o realizado por Estela Bravo Montero, alumna de sexto de Primaria do colexio Gregorio Sanz.
David Ballester engadiu que “como case todos os anos facemos neste concerto, xa que é dedicado á patroa dos músicos, é imprescindible que algúns dos compoñentes da banda actúen como solistas. Este ano serán José Luis Pulpeiro, coa trompa, e Alba González, interpretando unha obra para frauta e banda. E tamén como case todos os anos aproveitamos esta data para que a banda se faga un pouquiño máis grande e nesta ocasión vamos ter a sorte de que van formar parte da banda 5 novos compoñentes”. Os músicos que debutarán son Carmen, Carolina, Cris, Gonzalo e María.
Para rematar o director da Banda de Música Municipal de Ribadeo comentou: “esperamos que sexa do agrado do público o concerto que temos preparado e animo a toda a xente a que acuda ao Cine Teatro este sábado 22 ás oito e media da tarde”.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



