Martes 18 de novembro. A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña presentou onte o Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2014, na súa sede, en Burela. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, estivo acompañado polo mozo fotógrafo burelao Héctor Manasé, que colaborará na cuarta edición deste proxecto destinado á xuventude da comarca, xunto á cervense Marián García.
Imaxiña, baixo a organización de Imdecum, combinará obradoiros de fotografía cun atractivo concurso final, dirixido aos centros de ensino secundario. Co apoio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2014 a participación do IES Alfoz-O Valadouro, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe. Mañá, Marcelino Luna e Héctor Manasé presentaranlle o festival ao alumnado de 3º e 4º da ESO. O venres, Marián García impartirá un taller de fotografía.
O alumnado do devandito instituto poderá dar renda solta á súa creatividade a través do concurso final, en dúas categorías, fotografía e vídeo, ata o 30 de decembro; esta fase tamén estará aberta para os centros que participaron en edicións anteriores, Monte Castelo (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro) e Illa de Sarón (Xove). Coa estrea de 2015, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
Historia do festival
En 2011, o festival Imaxiña deu os seus primeiros pasos descubrindo o mundo do audiovisual no IES Monte Castelo, a través dun obradoiro creativo de vídeo ‘Fotografía en Movemento’, coa participación do pintor xovense Xoán Guerreiro, a comunicadora cervense Sabela Blanco e o profesor de Debuxo e Artes do Monte Castelo Pedro Cabarcos, ademais dunha charla sobre fotografía da reporteira gráfica de La Voz de Galicia Pepa Losada. Na segunda edición, a iniciativa, coa colaboración fotógrafo focego Xulio, estendeuse aos IES Marqués de Sargadelos, Vilar Ponte e Dionisio Gamallo Fierros, cunha excelente resposta no concurso, con fermosas e orixinais visións da Mariña. En 2013, incorporáronse o María Sarmiento e o Illa de Sarón, nunha edición apadriñada polo polifacético artista viveirense David Catá.
Gañadores 2013
A edición de 2013 resolveuse con dobre premio na categoría de Fotografía, con dúas visións do mar moi diferentes, pero igual de fermosas, en Burela cun cadro de Ana López co faro ao fondo e Benquerencia, de David Darriba, un día de temporal. Tamén resultaron finalistas traballos doutras dúas alumnas do Monte Castelo, Uxía Treitas e Lucía Rivas, e do ribadense Andrés Álvarez. O xurado do concurso decidiu declarar deserta a vertente de Vídeo.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



