Burela, 15 de novembro de 2014. O alcalde, o popular José María González Barcia, afirmou este sábado que a posta en marcha do servizo de oncoloxía no Hospital da Costa “é un enorme avance para a comarca, e unha mellora substancial na calidade de vida dos veciños e veciñas da mesma”.
O rexedor burelés manifestou que “o xoves foi un bo día, un moi bo día, para os veciños e veciñas da comarca e para a sanidade pública da mesma. Por desgraza non son poucas as persoas afectadas polo cancro, e poder contar con este servizo no hospital suporá unha mellora cualitativa significativa na súa calidade de vida”.
Barcia engadiu que “se van dando os pasos precisos para que o hospital sexa o que todos queremos, aínda que lembro que tampouco é patrimonio de ninguén, e iso dígoo por aqueles que durante meses falaban e mesmo falan do noso hospital, como se foran eles os únicos que están en posesión da verdade e da razón absolutas”. E dixo: “eses pasos precisos terán continuidade, e no caso concreto de oncoloxía nos próximos meses veremos como isto que é unha novidade moi importante se converte en algo normal e cotiá”.
González Barcia considera que “este avance vai axudar a disipar dúbidas naquelas persoas que de boa fe pensaban que as cousas podían ser de forma distinta ás que son. Xa sei que haberá unha minoría que seguirá na súa teima, pero o caso é que a realidade é terca e pon a cada quen no seu sitio, da e saca razóns. Eu, persoalmente, defendo o hospital coma o que máis, e nunca tiven dúbidas ao respecto do servizo de oncoloxía, como tampouco as teño noutras cousas”.
Finalmente, o alcalde de Burela asegurou que “desde o goberno burelés seguiremos traballando para que as cousas sexan como todos queremos, e nese senso xa estamos colaborando coa Xunta e cos técnicos redactores do plan director, para buscar solución a problemas que se plantexarán durante as obras de ampliación”.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



