O Frutas Jose Viveiro FSF desprazouse a pista do Sporting Rabadense o sábado pasado a fin de disputar o partido adiado no seu momento, correspondente a primeira xornada de liga.
As viveirenses acadaron os tres puntos en xogo ante un rival moi reforzado con referencia a pasada tempada, e no que tan so tres xogadoras da anterior campaña formaban parte da súa alineación.
O partido comenzou co control total por parte das viveirenses, que triangulaban e achegaban perigo a meta local ven defendida por Sara, unha das destacadas do partido, ata que mediada a primeira metade Anna adiantaba ao Frutas Jose tras finalizar ao segundo pao unha boa xogada de todo o equipo.
A raiz do gol as locais subiron a presión e as viveirenses baixaron o seu rendemento e comenzaron a cometer imprecisións no pase o que propiciou que as de Rábade, con mais empuxe que xogo, achegarna perigo a meta de Diandra.
O descanso aclarou as ideas das xogadoras do Frutas Jose e de novo colleron o control de partido durante toda a segunda metade ante un rival que pouco a pouco afroxaba na súa presión e víase superado polas viveirenses que co 0-2 acadado por Nerea mediada a segunda metade, ainda acrecentaron mais o seu dominio ante unhas xogadoras locais que so podían parar o xogo de combinación das visitantes con continúas faltas e interrupcións do xogo. No tramo final do partido Mery subía o 0-3 ao marcadar logo dun roubo de balón e un potente disparo dende a frontal da área, o que rematou definitivamente coa resistencia local, que acadaría o gol da honra no último minuto de xogo aproveitando un erro na saida de presión das viveirenses.
O triunfo permítelles as viveirenses situarse na parte alta da clasificación empatadas a puntos con Quiroga e Friol, que tamén contan por victorias os seus encontros e que serán os próximo rivais do Frutas Jose nas dúas vindeiras xornadas.
Sporting Rabadense.: Sara, Maria, Nerea, Ivana e Laura. Tamén xogaron.: Amanda, Melody e Irene
Frutas Jose.: Diandra, Nerea, Mery, Andrea e Anna. Tamén xogaron.: Nuria, Marta e Patricia
Goles.: 1-0 Anna (min 10); 2-0 Nerea (min 36); 3-0 Mery (min 46); 1-3 Melody (min 50)