CADERNOS DA VIAXE. O sistema electoral adoptou a fórmula da proporcionalidade que, non por acaso, resultou ser a menos proporcional de todas: a regra D’Hondt, que permite unha moi importante corrección a prol das candidaturas máis votadas, de xeito que votacións do 43 ou 44 por cento, que en termos de censo resultaron andar polo 26%, permitíronlle no 2011-por exemplo- ao PP desfrutar a maioría absoluta municipal acadada na Coruña ou en Compostela. Se a isto lle engadimos a obrigatoriedade de que as candidaturas acaden un mínimo do 5% dos votos para obter representación no Congreso, no noso Parlamento e nos concellos, teremos un mapa aproximado das moi restritivas condicións que as leis impuxeronlle á proporcionalidade enunciada teoricamente na Constutución e no noso Estatuto.
Non se trata de que as regras do xogo beneficien ao PP, ao PSOE ou au sursum corda. Trátase de recuperarmos a proporcionalidade. Por qué non apostamos por reflectir unha representación real da sociedade, de xeito que un 3% ou un 12 % dos votos se poida traducir en porcentaxes aproximadas de representación?
Fica a cuestión dos gobernos. Na Europa o normal son os gobernos de coalición e non os de maioría absoluta, porque as sociedades son plurais e as maiorías absolutas haberían ser puramente episódicas. Xa que logo, o normal será que os partidos dialoguen dende o veredicto da cidadanía e acaden acordos que xunten unha maioría da representación que faga posíbeis gobernos estábeis.
Claro que, quizais, habería comezar prantexarse se todas as forzas que acaden representación teñen que entrar nos Gobernos, malia que non se dea unha maioría absoluta a prol dunha única opción. Ao mellor as forzas emerxentes poderían reservarse na oposición sen prexudicar as súas opcións de remuda futura da gobernanza. Mais isto haberíao decidir cada opción en cadanseu momento.
A ARRINCADEIRA.-COMPROMISO rexeita participar nas Deputacións. Os galeguistas de COMPROMISO acordaron este domingo no seu Congreso non participar nas Deputacións, por ser organismos inútiles e lesivos para a Facenda de todos e para a boa gobernanza deste País. Se hai consenso político nalgún asunto na Galicia é na nocividade destes entes desbaldadoras do carto público pola súa xestión caciquil e ineficiente. Que mesmo poderían caer nunha próxima reforma constitucional.
Xoán Antón Pérez-Lema.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



