Burela, 22 de novembro de 2014.- Quinta vitoria consecutiva do Burela Pescados Rubén tras vencer na illa ao Uruguay Tenerife por 3-6. A escuadra mariñá amplía a súa mellor serie de vitorias na Primeira División nun duelo ante un conxunto tiñerfeño que presentou batalla pero que finalmente se decantou para a escuadra de Juanlu Alonso.
O Burela Pescados Rubén comezou o encontro coas ideas claras realizando unha boa presión aos tiñerfeños e un disparo de Helder, tras rebotar en Murga, adiantou aos laranxas no minuto 5. A resposta canaria non tardou en chegar e Jacinto puxo o empate (1-1) ao minuto seguinte dando paso a un mellor Uruguay Tenerife. O encontro era aberto con ocasións en ambas porterías e os locais aproveitaron mellor o seu momento para situarse con vantaxe (2-1) outra vez con Jacinto como protagonista. Do mesmo xeito que anteriormente a resposta foi rápida. Isi logrou o empate a dous aínda que nos minutos finais os bureleses tiveron que neutralizar o empuxe local para chegar co 2-2 ao descanso.
Na continuación, os pupilos de Juanlu Alonso tomaron o control do partido pero un erro propiciou que Murga se plantase só ante Alex para situar o 3-2 no marcador, minuto 22. O Burela Pescados Rubén mostrou a súa capacidade de reacción con bo xogo, sendo Iago Míguez o protagonista para remontar o choque con dous goles que rendibilizaron o dominio laranxa (3-4). Con esta axustada vantaxe entrouse nunha fase de constantes interrupcións motivadas polas goteiras do Palacio dos Deportes que impediron que o bonito duelo transcorrese con normalidade. Tras uns minutos de descontrol produciuse un intercambio de ocasións.
Alex evitou o empate e os laranxas perdoaron en dúas accións. Na recta final, a estratexia burelesa funcionou á perfección e Matamoros, tras un córner, puxo o 3-5 a tres para o final. O Uruguay apostou polo xogo de cinco que Matamoros penalizou no último minuto co 3-6 final.
Ficha técnica
Uruguay Tenerife: Iago Barro, Pablo González, Murga, Cancio, Javi Rodríguez-cinco inicial- Jacinto, Luís Jara, Aythami, Edu Santana, Adri.
Burela FS Pescados Rubén: Alex, Isi, Matamoros, Carlitos, Antoñito-cinco inicial- Chano, Hélder, Iago Míguez.
Goles: 0-1, m.5, Helder; 1-1, m.6, Jacinto; 2-1, m.13, Jacinto; 2-2, m.13, Isi; 3-2; m.22, Murga; 3-3, m.26, Iago Míguez; 3-4, m.30, Iago Míguez; 3-5, m.37, Matamoros; 3-6, m.40, Matamoros.
Cartóns: Por Uruguay Tenerife amarela a Luís Jara (m.10), Cancio (m.28). Por Burela Pescados Rubén amarela a Matamoros (m.31).
Árbitros: Del Pozo García, López Jiménez.
Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada de Primeira División LNFS disputado no Municipal de Deportes de Tenerife.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
