Santiago, 1 de novembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar os traballos de conservación no Regato de Vilar, no Concello de Ribadeo, concretamente ao seu paso polas parroquias de Esteiro, Meirengos, Rinlo e Vilaselán.
As tarefas consistiron no desbroce selectivo da vexetación excesiva nas marxes, así como na retirada de árbores caídas que puideran provocar episodios de asolagamentos en momentos de chuvia intensa.
En total actuouse en case tres quilómetros (2.755 metros) de curso fluvial e Augas de Galicia destinou un investimento de máis de 12.000 eiros (12.223 euros).
Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver.