A Asociación de Montes Veciñas San Román de Vilaestrofe e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras poñen en marcha as xornadas teatrais do 2014 durante dúas fins de semana: o 29 e o 30 de novembro e o 6 e o 7 de decembro coa colaboración do Concello de Cervo e Alcoa San Cibrao. O sábado será a quenda de “Xustiza de lei”, de Francisco Piñeiro, da man do grupo Ardora; e o domingo a representación de “A fonte dos soños” – do mesmo autor- correrá a cargo do grupo O Bordelo. E o sábado 6 de decembro serán Axóuxeres os que poñan enrriba do escenario a peza “Descontrol hospitalario” de Román Sarmentero. O trío humorístico Trípode pechará as xornadas con “Apedreando”. Todas as representacións terán lugar no pavillón de San Román a partir das 18.45 horas.
Xornadas teatrais en San Román
Xornadas teatrais en San Román
Relacionado
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores