A Mariña, a 5 de decembro de 2014.- A CIG-Ensino gañou as eleccións sindicais nos centros de ensino da Mariña, aumentando substancialmente os seus apoios ao conseguir 306 votos do total de profesorado que votou que foron 672 docentes.
Á vista dos resultados, a CIG quere agradecer publicamente a confianza e o apoio que o profesorado da Mariña nos vén de outorgar xa que significa un recoñecemento explícito ao traballo desenvolvido durante estes catro anos e unha adhesión ás reivindicacións e propostas defendidas pola CIG-Ensino, así como un aval ao único modelo sindical galego, participativo, reivindicativo e que defende ata o final os dereitos do profesorado.
A CIG-Ensino interpreta estes resultados de total apoio á súa candidatura como un non rotundo ás medidas que a Consellaría dirixida por Xesús Vázquez tomou nestes anos e que afectaron moi gravemente tanto as condicións profesionais do profesorado como á calidade do ensino público da Mariña. Durante todos estes anos asistimos á supresión de unidades e de profesorado nos centros da Mariña que supuxo case 100 docentes menos, á falta de especialistas principalmente de AL e PT, ao incumprimento dos catálogos dos centros por parte da Consellaría, aos agrupamentos de alumnado de diferentes idades, á non cobertura das baixas, á supresión de preescolar na casa ou á supresión de practicamente todas as escolas rurais que existían na comarca. Tamén supoñen un voto contra medidas regresivas como a supresión da gratuidade dos libros de texto, a liquidación da xornada reducida en xuño e setembro ou falta de apoio aos alumnos con necesidades educativas especiais.
Despois destes resultados, a CIG-Ensino esixe da Consellaría de Educación un xiro radical da súa política educativa e demándalle que deixe de lado as formas autoritarias e impositivas e retome inmediatamente o diálogo e as negociacións daqueles temas que avancen na mellora da calidade da ensinanza porque é o que están demandando a maioría do profesorado galego.
A CIG-Ensino, despois destes resultados tan positivos, vai a seguir traballando na mesma liña que o fixo ata agora combatendo os ataques que se produzan contra o ensino público e defendendo a mellora das condicións laborais do profesorado e da calidade do ensino na Mariña na procura dun ensino público, galego, laico e gratuíto. “O voto á CIG-Ensino foi un voto de oposición á actual Consellaría de Educación e un voto a favor de restituír os dereitos do profesorado e facer unha escola normalizada lingüisticamente, máis democrática e cun ensino de maior calidade”, declarou Dores Fernández Abel.
Dores Fernández Abel
Secretaria da CIG-Ensino da Mariña





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



