Tal e como avanzou o Presidente o pasado mércores na presentación dos primeiros proxectos da Deputación de Lugo dos Orzamentos Participativos, Gómez Besteiro impulsará unha moción no vindeiro Pleno Provincial en defensa da dotación de servizos sanitarios na provincia. O titular provincial adiantou este martes que o grupo socialista levará á sesión plenaria do 30 de decembro unha moción para esixir a dimisión da Conselleira de Sanidade e denunciar a discriminación do PP cara os lucenses, hoxe privados de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear.
Gómez Besteiro subliñou que “dixemos a semana pasada que iamos a tomar medidas políticas e de todo tipo. A primeira política será esta moción para que a cobertura destes servizos sexa inmediata. Hoxe o Presidente da Xunta ten unha oportunidade de ouro para dicir que isto se vai a facer xa ou, pola contra, o Partido Popular vai seguir burlándose dos cidadáns de toda a provincia. Moi preto do HULA está hoxe o Presidente para que se comporte como tal. Ten que haber responsabilidades políticas por un incumprimento con esta provincia que dura máis de 3 anos, polo que pediremos a dimisión da Conselleira”.
Moción
A moción subliña que “o pasado 16 de decembro, os veciños de Lugo asistimos, novamente, a un exercicio de cinismo por parte do Partido Popular. Esta afirmación, lonxe de ser benevolente co PP, cobra maior gravidade cando o cinismo máis vil é empregado por un Goberno que debería representar a todos os galegos, incluídos os lucenses, e que só presenta certos intereses partidistas. O citado día, institucionalizouse a discriminación cara aos lucenses ao ser aprobada a chamada Lei pola que se modifica a Lei 12/2013, do 9 de setembro, de Garantías de Prestacións Sanitarias”.
“A orixe desta votación non é outro que a vontade dos 350.000 lucenses que, nun exercicio de democracia participativa, promoveron unha Iniciativa Lexislativa Popular que esixía, mediante a adición dun artigo á Lei 8/2008, do 10 de xullo, garantir o dereito á saúde na provincia de Lugo, a través do desenvolvemento dos servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear”.
“En esencia, a ILP só buscaba eliminar a desigualdade de trato que reciben os lucenses por parte do Presidente Feijóo, e a Conselleira de Sanidade Rocio Mosquera Álvarez, coa complicidade dos Deputados Autonómicos elixidos pola circunscrición de Lugo: Raquel Arias, Jaime Castiñeira, José Manuel Balseiro, Agustín Baamonde, María Susana López Abelleira, Daniel Luís Varela Suances-Carpegna, María Isabel García Pacín, Jaime Iñiguez Martínez e Vidal Martínez-Serra López. Eses Deputados, elixidos para representar aos intereses dos lucenses, votaron no Parlamento de Galicia en contra de dotar de servizos mínimos sanitarios para a súa provincia”.
“A votación do pasado día 16 non é máis que o punto final a unha manobra partidista do PP á ILP da sociedade lucense. A desvergonza dos Deputados autonómicos do PP comezou tras a exposición do voceiro da comisión veciñal promotora da ILP, que contou co voto favorable do Partido Popular que, despois de xogar cos tempos, decidiu sumarse ao resto dos grupos para apoiar de forma unánime a iniciativa”.
“Pouco despois, o mesmo Partido Popular que formou parte da unanimidade para aprobar a ILP, nunha nova volta de rosca, redactou numerosas emendas á Lei, desvirtuándoa por completo, e mesmo, atrasando ata 2017 os servizos esixidos pola cidadanía de Lugo de forma inmediata. “As seis emendas aprobadas en solitario polo Partido Popular en solitario polo Partido Popular de forma aleivosa e ruín, garantían a prestación de especialidade de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear, pero non en Lugo, e por suposto, non de xeito inmediato”.
“Esta actuación deshonrosa, culminou coa aprobación dunha Lei, que pouco ou nada ten que ver coa Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola cidadanía de Lugo e que volve discriminar á provincia luguesa no acceso a unha sanidade próxima e minimamente garantista. “Estas artimaña política do Partido Popular devolve aos lucenses ao punto de discriminatorio de partida. Punto que os Deputados do PP parecen descoñecer pero que se resumen nas maratonianas xornadas que os pacientes de cancro teñen que aguantar para recibir un tratamento de dez minutos, ou na asistencia en horario de oficina das doenzas cardíacas”.
Acordos
A moción que Gómez Besteiro impulsa no Pleno do martes 30 de decembro someterá a debate os seguintes acordos:
– Esixir a inmediata dimisión de Rocio Mosquera pola súa nefasta xestión á fronte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que institucionalizou a discriminación cara os lucenses, privándoos das mínimas garantías de acceso aos servizos sanitarios.
– Manifestar o rexeitamento da Deputación de Lugo ás prácticas políticas do Partido Popular e dos seus representantes na Xunta de Galicia, que deformaron o concepto de soberanía popular mediante a Iniciativa Lexislativa, recollido no Artigo 87 da Constitución Española.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



