O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou este martes que a Deputación lanza or toda a provincia outras 26 accións formativas remuneradas e con prácticas laborais en empresas, incluídas no Pacto Provincial polo Emprego II, con prazas para 390 desempregados de todos os Concellos lugueses, agás o de Lugo, posto que conta co seu propio plan equivalente. Os interesados xa poden solicitalas nas oficinas do Servizo Público de Emprego. O único requisito é estar inscrito como demandante de emprego. Máis información en www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 260 088.
As accións formativas son as seguintes:
– 4 que se celebrarán en Viveiro, con 60 prazas: Técnico en transporte sanitario; Operacións básicas de cociña; Operacións básicas de restaurante e bar; e Limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais.
– 2 en Foz con 30 prazas: Operacións básicas de cociña; e Operacións básicas de restaurante e bar.
– 2 en Burela con 30 prazas: dúas edicións de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 1 en Mondoñedo con 15 prazas: Atención a persoas dependentes no domicilio.
– 1 en Ribadeo con 15 prazas: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 1 en Lugo con 15 prazas: Técnico en transporte sanitario.
– 2 en Vilalba con 30 prazas: Limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais; e Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 1 en Castro de Rei con 15 prazas: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 1 na Fonsagrada con 15 prazas: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 1 en Becerreá con 15 prazas: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 3 en Sarria con 45 prazas: Operacións básicas de cociña; Operacións básicas de restaurante e bar; e Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 3 en Chantada con 30 prazas: Técnico en transporte sanitario; e dúas edicións de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
– 4 en Monforte con 45 prazas: Operación básicas de cociña; Operacións básicas de restaurante e bar; e dúas edicións de Atención sociosanitaria e persoas no domicilio.
Máis de 13.200 horas
As accións presentadas hoxe suman un total 13.255 horas de clases teóricas e prácticas en empresas. Os beneficiados recibirán durante todo o proceso unha axuda económica equivalente ao 75% do IPREM, uns 400 euros ao mes, que é a cantidade máxima que permite conceder a normativa que regula o Fondo Social Europeo permite. Esta axuda mensual é compatible coa percepción da prestación por desemprego ou de calquera outra axuda pública da mesma finalidade, sempre e cando o total mensual non supere o 75% do IPREM.
Malia que este programa está dirixido calquera persoa desempregada, teranse en especial consideración, tal e como indican as bases, determinados colectivos con máis dificultades: menores de 30 anos e maiores de 45; desempregados de longa duración; persoas con diversidades funcionais; vítimas de maltrato; persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social; as pertencentes a minorías étnicas; os inmigrantes; mozos que non superaran a ensinanza obrigatoria; coidadores non profesionais que atenden a dependentes; e outros colectivos en risco de exclusión social.
Éxito da 1ª quenda, con todas as prazas cubertas
Gómez Besteiro fixo este anuncio no encontro con 30 desempregados lucenses que participan nas accións formativas “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, que se celebran na sede de Cruz Roja na capital luguesa. Ata o momento, a Deputación puxo en marcha 12 cursos do Pacto Provincial polo Emprego II, que se desenvolven nas zonas centro, norte e sur da provincia, concretamente nos Concellos de Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos, e nos que participan 180 parados lugueses, que encheron a cota de prazas dispoñible.
O Pacto Provincial polo Emprego II inclúe novas accións formativas, polo que proximamente a Deputación lanzará unha terceira quenda para desempregados lucenses. En total, o Pacto contribuirá á inserción laboral de 1.005 parados da provincia nas profesións con máis demanda en Lugo.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



