Foz, 23 de decembro de 2014. O orzamento municipal de Foz para o vindeiro ano 2015 aprobouse no pleno da corporación celebrado onte cos votos a favor do Partido Popular e a abstención dos ex concelleiros do PSOE e do edil do BNG. Unifoz e Jaime Cancio votaron en contra “para intentar bloquear o Concello, unha vez máis”, explicou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
O rexedor municipal focense manifestou hoxe que “o grupo de goberno do Concello de Foz está moi contento por aprobar os orzamentos do ano 2015 grazas aos votos favorables do grupo popular e as abstencións dos non adscritos, ex concelleiros do Partido Socialista, e tamén do edil do BNG. Hai que lamentar, coma sempre durante estes catro anos, o voto en contra dos dous representantes de Unifoz e do concelleiro non adscrito Xaime Cancio. Novamente estes tres concelleiros actúan en unión, da mesma maneira, evidentemente mandados polo señor Cancio, para tratar de bloquear o Concello. Pero estamos contentos porque o grupo de goberno conseguiu sacar adiante uns orzamentos, consensuando co resto dos grupos que se ofreceron para elo unha solución, que consiste en que no mes de xaneiro irá a pleno unha modificación de crédito para que se poidan levar adiante as propostas e emendas que fixeron estes grupos, entre elas un plan de emprego e tamén unha serie de inversións que haberá que pactar entre todos nas diferentes comisións. O crédito que se valora para estas emendas é de arredor duns 200.000 euros, que virán da partida de créditos bancarios, de 165.000 euros, que vai estar amortizada a primeiros de ano, máis uns 35.000 euros que se quitarán do fondo de continxencias. Polo tanto sumaremos 200.000 euros, que en comisión decidirase a que se van destinar”.
Javier Castiñeira engadiu que “isto demostra unha vez máis o afán conciliador do equipo de goberno, que podía aprobar estes orzamentos en comisión de goberno, pero o que queríamos é que fora o pleno o que o fixera. E así se fixo, polo que hai que agradecer aos concelleiros non adscritos e ao BNG ese afán dialogante. Pero hai que seguir recriminando a estes tres concelleiros, os de Unifoz e Xaime Cancio, que sigan dándolle as costas ao Concello”.
O alcalde destacou que “estes orzamentos, aparte de conseguir que o Concello de Foz quede sen deberlle un só euro aos bancos, permiten facer unha serie de inversións importantes para o municipio, sobre todo en instalacións deportivas que o necesitan, como no Campo da Cabana ou no campo de fútbol de Malates. Van permitir tamén incrementar en 36.000 euros a partida para subvencións e así concederllas a colectivos que non as recibían: o asilo, a asociación de discapacitados, a protectora de animais, o grupo Andaravío, …; tamén para clubs que non a tiñan, como do de tenis, a escola náutica; e para o servizo de Preescolar na casa que se está dando no noso concello, entre outras. Ademais posibilitarán varios investimentos en estradas e vías municipais que o precisan”.
Castiñeira comentou tamén que “polo tanto estamos contentos, porque vamos ter un bo inicio de ano con esa promesa de que no pleno do mes de xaneiro xa irá esa modificación orzamentaria para atender, con eses 200.000 euros que vamos ter, as emendas que presentaron tanto os concelleiros non adscritos coma o BNG. Entre elas están un plan de emprego e outra serie de inversións”.
O rexedor rematou salientado que “as boas contas do Concello permiten que haxa inversións e posibilitan chegar a acordos, polo que se vai poder facer un plan de emprego, como desexa a maioría da corporación. Polo tanto estamos contentos, xa que o Concello iniciará o 2015, despois de moitos anos, cuns orzamentos completamente actualizados e modernos, que van permitir que o Concello non teña eses problemas e desaxustes económicos que tivo durante estes anos pasados”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



