LUGO, 10 DE DECEMBRO DE 2014.- O secretario Provincial –Juan Carlos González Santín-, acompañado do secretario de Organización –Carlos Ferreiro-, presidiu a reunión que mantivo a executiva na última tarde de onte e na que se aprobou por unanimidade unha resolución política, na que os socialistas reafirman os compromisos cos traballadores de Alcoa. Neste senso, no documento, que xa foi trasladado aos integrantes do Comité de Empresa e ás administracións do Estado e da Xunta, piden aos dous Gobernos un marco regulatorio estable no custo da electricidade que garanta a continuidade da factoría, así como o mantemento da produción e dos postos de traballo desta empresa tan relevante para a Mariña e para Galicia. Asimesmo, solicitan a estas dúas administracións que plantexen unha reindustrialización e se impliquen coa Mariña para incentivar a creación de emprego na comarca, pois ambas as dúas “teñen as competencias, teñen as responsabilidades e os mecanismos para facer fronte a un plan que implique a varias consellarías e ministerios, de xeito que vaian máis alá de ser meros notarios do que está acontecendo”, indican.
Deste xeito, a executiva que dirixe Santín ratifica o apoio do Partido Socialista neste eido, e que xa quedou demostrado tamén no Parlamento de Galicia, no Senado, no Congreso e na Deputación. “Porque a diferenza do Partido Popular, sempre estaremos, e así o demostramos, do lado de aqueles que empurran en prol da recuperación do crecemento e da capacidade de creación de emprego en Lugo, en Galicia e en España. Reclamamos que estas peticións sexan tratadas como o que deben ser: unha prioridade para os Gobernos Central e da Xunta. E solicitamos que este tema sexa abordado por riba de motivos ideolóxicos e por diante de criterios de calculadora, pois nun problema destas características non poden escudarse en decisións tomadas dende Madrid, senón na realidade e nas necesidades propias da poboación galega e, neste caso, dos traballadores e traballadoras de Alcoa e da Mariña”, especifican.
Impasividade do PP
Os socialistas cren que o Goberno está obrigado a abordar o problema das empresas cun gran consumo de enerxía á hora de atopar solucións para estas situacións de incerteza recorrentes. Na poxa Alcoa só obtivo tres dos catro bloques de 90 megawatios que solicitara para a súa factoría en Cervo, e ningún dos solicitados para a coruñesa. Isto provoca que a entidade non vai obter os servizos de interrumpibilidade suficientes que posibilitan a esta compañía e a grandes consumidores de electricidade obter a enerxía que consumen a prezos máis reducidos, pois, ata o de agora, a enerxía supoñía o 40% dos custos da compañía pero, sen as retribucións pola interrumpibilidade, a factura aumentará considerablemente e deixará á empresa fóra do mercado a nivel mundial. Precisamente, esta circunstancia é a que evidencia a necesidade de que as empresas dispoñan de electricidade a un prezo que lles permita manter a competitividade nos seus produtos e, polo tanto, o emprego; todo o contrario do que está a facer o Executivo estatal.
Por este motivo, mentras “a sombra de peche, despidos e unha nova desfeita laboral asusta á Mariña en xeral”, e a compañía argumenta que non son rendibles sen os incentivos eléctricos e non está a favor da poxa que defende o ministro de Industria, denuncian que alcaldes e deputados do Partido Popular, así como o presidente do Goberno galego, “continúen permanecendo impasibles”.
“Desfeita laboral”
A executiva provincial uniuse así porque “o pesadelo do paro non acaba, senón que medra e medra. O cóctel da recesión e austeridade lévase por diante máis de 5.000 empregos na Mariña e o tecido industrial desta comarca non sae da parada cardíaca”. E é que, “custa imaxinar que isto sexa posible”, pois se a desaparición de empresas importantes para a economía da zona como o Grupo Mon, Muebles Hermida ou ECAR, ou a crítica situación de Sargadelos e da antiga Ecesa, supuxo e está a supoñer un retroceso no desenvolvemento socieconómico da comarca, o futuro, subliñan, non se presenta moito máis alentador coas informacións sobre a factoría produtora de aluminio, e cuxa dirección prepara un despedimento colectivo para as súas fábricas da Coruña e de Avilés, en Asturias.




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



