A falta de permisos da Xunta obriga á Deputación a paralizar temporalmente as obras na CP-5501 do Marco de Álvare ás Rodrigas, en Riotorto. A institución luguesa espera que a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, departamento da Consellería de Industria, lle conceda o permiso legal imprescindible para poder continuar coa mellora desta estrada. E é que logo de estender a zahorra na CP-5501, o seguinte paso é aplicar o aglomerado en quente, traballos que non se poden realizar por fases, senón de xeito continuo nos 6 quilómetros. Existe un treito de 140 metros no que a Deputación aínda non puido executar ningún traballo debido á falta do permiso da Xunta. Trátase dun espazo non que é preciso empregar explosivos para facer un desmonte polo que transcorra a estrada.
A Deputación pide axilidade á Consellería de Industria, xa que só unha vez que conceda este permiso poderá retomar as obras, aplicando o aglomerado cando non chova e a capa de zahorra estea seca. A Xunta tamén ten pendente conceder este mesmo permiso para poder continuar coas obras na estrada 0707 de Armesto por Torés ás Nogais, en Becerreá.
O organismo provincial fai un esforzo inversor de 1,4 millóns de euros na mellora desta vía (400.000 euros nas expropiacións e 1 millón de euros nas obras) e arranxa preto de 6 quilómetros (dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,800), eliminando curvas, ensanchando o vial ata os 8 metros, aglomerando e sinalizando. Trátase do principal acceso á N-640, que é a estrada que une esta zona da Mariña coa capital luguesa, rexistradno 3.000 usurarios diarios ao ser empregada por veciños de Riotorto, A Pontenova e Trabada, principalmente.
Cronoloxía
O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, lembrou que “o Partido Popular prometeu estas obras durante dúas décadas pero nunca as fixo. Antes da eleccións municipais do 2007, aprobou un plan de 50 millóns de euros, no que incluíu estes traballos. Pero cando chegamos aos Goberno Provincial, o único que nos atopamos foi un plan sen cartos e sen terreos. Ante esta situación, tivemos que comezar dende cero, poñendo en marcha o proceso de expropiacións imprescindible e previo as obras segundo a lei. Conseguimos expropiar o 70% dos terreos. No 2010, remitimos ó Xurado de Expropiacións a documentación necesaria para que este departamento, dependente da Consellería de Infraestruturas, dictaminase o xustiprezo do 30% restante. A Xunta tardou 2 anos en facelo. É dicir, bloqueou estas obras outros 2 anos máis”, remarcou.
Conseguidas as 200 fincas necesarias, para as que a institución achegou 400.000 euros, a institución elaborou o proxecto, licitou e adxudicou as melloras, investindo 1 millón de euros. Cando a adxudicataria estaba a levar a cabo as primeiras escavacións e estudando o terreo para fixar a rasante –a altura da vía-, os problemas económicas da contratista obrigaron á paralización temporal das obras. A Deputación tivo entón que resolver o contrato, avaliando en primeiro lugar os traballos levados a cabo pola empresa. A liquidación destas obras resultou cun saldo a favor do organismo provincial de 37.000 euros, que a adxudicataria tivo que devolver á institución. Seguidamente, redactou un novo proxecto, que se adxudicou por 516.000 euros, procedentes da partida de 1 millóns de euros xa designada, é dicir, non se incrementaron os custes.
“Durante todo este proceso, orixinado por problemas alleos á Deputación, o Partido Popular só se adicou a calumniar a este Goberno Provincial e a mentir novamente ós veciños, dicíndolles que non iamos a facer as obras. O PP nunca pediu desculpas pola súa campaña de difamación e panfletos, polas súas calumnias e mentiras, por non defender os intereses dos lucenses e deste institución”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



