Foz, 17 de decembro de 2014.- A Concellería de Cultura de Foz ven de facer público o nome do gañador do XIII Concurso de Postais de Nadal para este ano 2014. O alumno do colexio Nosa Señora do Pilar, de 11 anos de idade, Andrés Moreda Hermida, foi o elixido para representar ao Concello na súa felicitación institucional para as vindeiras festas de Nadal. O xurado seleccionou a súa postal de entre un total de 648 traballos presentados despois de outorgar dous premios en cada unha das tres categorías diferentes (infantil A, Infantil B e xuvenil).
Na primeira categoría infantil, na que participaban nenos de ata 6 anos, a gañadora foi Alice Freixo Forés, de 6 anos. O segundo posto foi para o cativo de 3 anos Brais Sixto Blanco. Paralelamente, nesta categoría o xurado decidiu entregar ademais dous accésits: un a Guillermo Lestegás López, de 3 anos, e outro a Alberto Núñez Lago, de 6 anos. Na segunda categoría infantil, de 7 a 10 anos, os gañadores foron: Mireya López Basanta (9 anos), en primeiro lugar, e Miguel Fernández Cortés (10 anos), en segundo posto. E finalmente, na categoría xuvenil, de 11 a 16 anos, alzáronse como triunfadores Andrés Moreda Hermida (11 anos), no primeiro lugar, e María Femenías Hermida (13 anos), no segundo. De entre todos eles, o xurado tivo que escoller unha soa postal para representar ao Concello na súa felicitación das festas de Nadal. Unha elección que rematou finalmente coa obra de Andrés Moreda Hermida alzándose coma gañadora e o premio especial ao colexio gañador foi para o centro Nosa Señora do Pilar.
Ángel Paleo Soto, concelleiro de Cultura de Foz, mostrouse moi satisfeito coa alta participación obtida na XIII edición deste concurso de postais de Nadal, que é o máis antigo da comarca, e agradeceu o interese mostrado polos diferentes colexios da vila. Ademais, dende a Biblioteca Pública Municipal, organizadora do concurso, agradecen o esforzo realizado por tódolos participantes, e destacan a gran calidade observada nos traballos presentados.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



