Lourenzá, 22 de decembro de 2014. A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila este martes 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila. Os actos rematarán coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos o luns 5 de xaneiro, que partirá da parroquia de San Xurxo para percorrer primeiro o val de Lourenzá e chegar finalmente a Vilanova ás 18.30 horas para levar a cabo o desfile polas rúas da vila.
A concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, adiantou: “dende a Concellería de Educación vimos de presentar a programación que para este Nadal pretende ter entretidos aos máis pequenos deste concello. Dentro destas actividades incluímos actos que se deseñan dende a propia Concellería así coma outras actividades que nos chegan ao noso Concello organizadas a través de distintas entidades e asociacións. Por unha parte comezaremos esta programación de Nadal para os máis pequenos de Lourenzá coa visita de Papá Noel, que será este martes. Comezará, como ven sendo habitual nos últimos anos, co seu percorrido visitando o Centro de Día laurentino, onde atenderá aos máis maiores do noso concello e aos usuarios de dita entidade, e dende alí trasladarase ao Punto de Atención á Infancia, onde recibirá aos máis pequeniños da nosa vila. Posteriormente, e unha vez rematen esas dúas visitas, instalarase coma sempre na Casa da Cultura, na Sala de Exposicións do Concello, onde a partir máis ou menos das 18.00 horas recibirá cunhas lambetadas a todos aqueles nenos que se acheguen a saudalo, a entregarlle as súas cartas e a facer as súas últimas peticións. Como novidade este ano, vamos contar cun grupo de monitores que intentarán facer máis amena esta espera dos nenos que agardan a que Papá Noel os atenda, con actividades de globofexia e maquillaxe facial. Finalmente, unha vez remate esta recepción de Papá Noel, veremos un filme infantil, que será proxectado no Salón de Actos”.
A responsable da área de Cultura laurentina recordou que “ao longo destas vacacións de Nadal, que deron comezo o venres 19 no que se refire ao calendario escolar, temos tamén a opción de que os máis pequenos estean entretidos cunha serie de obradoiros de actividades e xogos de Nadal. Nesta ocasión son organizados polo Ximnasio Multiusos de Lourenzá e están dirixidos a nenos de 5 a 15 anos. Todo aquel que desexe informarse pode facelo poñéndose en contacto co xerente do mesmo, Brenan, no teléfono 690 181 032. Serán os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro así coma o 2 de xaneiro. Teremos tamén outra serie de actividades que organiza a asociación cultural Osorio Gutiérrez, xestora da escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Trátase, por unha parte, dos Cantos de Nadal, que terán lugar o domingo 28 de decembro ás 19.00 horas na Igrexa de Santa María de Valdeflores de Lourenzá. E, por outra parte, a petición do tradicional aguinaldo polas rúas da vila, que comezará arredor das 6 da tarde e percorrerá algunhas das rúas do municipio o luns 2 de xaneiro. Ao final deste percorrido, os nenos van degustar un chocolate acompañado da merenda das cousiñas que lles irá entregando a xente dos distintos negocios e particulares. Será nas instalacións do Mercado Gandeiro. Tanto os cantos de Nadal coma esta petición do aguinaldo están organizados pola asociación cultural Osorio Gutiérrez”.
Lupe Flórez destacou que “como peche á programación cultural de Nadal teremos a Cabalgata de Reis, que será na tarde do luns, 5 de xaneiro. Nesta ocasión temos o tradicional percorrido que recorre o val de Lourenzá, como fixemos estes anteriores anos. O primeiro ano comezaba en San Adriano, o segundo en Santo Tomé e nesta ocasión comezaremos o percorrido desta cabalgata na parroquia de San Xurxo. Os reis magos acudirán San Xurxo e alí terán a oportunidade de escoitar un pequeno recital de panxoliñas do Coro Parroquial de Lourenzá. Finalmente trasladaranse na carroza ata Santo Tomé, onde fronte a Igrexa farán unha pequena parada para saudar aos nenos que estean alí agardándoos, e finalmente este recorrido do val terminará na parroquia de San Adriano. Alí, fronte ao campo da Igrexa Parroquial, terán a oportunidade de facer unha breve visita aos nenos que alí os estean agardando. Unha vez rematado este percorrido polo val baixarán á vila, onde a partir das 18:30 horas está previsto que fagan o tradicional recorrido polas rúas da vila Finalmente teremos unha actuación no calón de actos, que está pendente de determinar”.
A concelleira de Cultura rematou animando “a todas aquelas persoas que queiran informarse desta programación de Nadal a que nos vindeiros días permanezan atentos tanto aos perfís de redes sociais no twitter e no facebook do Concello como a nosa páxina web: www.concellodelourenza.es, onde van a ir sendo detalladas diariamente estas actividades que se propoñen para celebrar o Nadal en Lourenzá”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



