Trala reunión celebrada este venres en Santiago co Vicesecretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar, o Partido Popular de Viveiro mostra a súa satisfacción ao constatar a total predisposición por parte da Xunta de Galicia, para ceder ao Concello de Viveiro o edificio do antigo Centro Comarcal da Mariña Occidental.
O Vicesecretario desta Consellería avanzounos que a oficina agraria e o distrito forestal que aínda permanecen nas dependencias deste edificio, serán trasladados á Delegación de Pesca en Celeiro, co que o edificio quedará totalmente libre.
Aínda que non se precisaron os prazos, si adiantouse que dita cesión efectuarase nun curto espazo de tempo, unha vez realícense os trámites administrativos oportunos e déase o tempo necesario para o traslado dos servizos alí existentes na actualidade.
O PP de Viveiro quere agradecer á Xunta de Galicia este feito que demostra, unha vez máis, o seu compromiso co noso Concello e que ademais nos beneficiará ao poder dispoñer dunha instalación, magníficamente situada e que ofrece múltiples posibilidades tanto para o tecido asociativo, como para temas museísticos e ata para recolocar algúns servizos do noso municipio que na actualidade atópanse espallados.