Trasbar, 18 de decembro de 2014.- O burgo de Trasbar, en Cervo, está preparado para recibir o Nadal e teñen un variado programa de actividades que se desenvolverán dende o 19 de decembro ao 5 de xaneiro.
Programa de actividades
Os actos comezarán este venres, a partir das 17.00 h, con un taller de decoración para adornar o Local Social e deixalo ben bonito para a chegada do Nadal. Este é xa o cuarto ano que se realiza este taller e despois das ideas anteriores (flores de papel, paquetes de regalos e pompóns no 2013) confían en que a opción elixida este ano resulte tan bonita como a das outras edicións. Ao remate da decoración da árbore e do local, servirán unha merenda para a xente que participe no taller.
O domingo, 21 decembro, a partir das 17.00 h contarán coa visita de Papá Nöel quen, logo de percorrer a aldea, rematará o seu paseo no Local social onde escoitará os desexos dos nenos e nenas que se acheguen a falar con el, a recoller o seu agasallo e a sacar fotos. Estará preparada unha merenda infantil para todos.
A seguinte cita será o 01 xaneiro, a partir das badaladas, cando se xuntarán no Local social para darlle a benvida ao 2015 cun brindis.
As actividades rematarán o día 05 xaneiro coa cabalgata dos Reis Magos que percorrerán Trasbar para levar ilusión ás casas do burgo. A hora de saída está prevista para as 16.00 h e rematarán o paseo no Local social onde sacarán fotos cos nenos e escoitarán as súas peticións.
Dentro da programación está sen determinar a data para entregar a cesta de Nadal á persoa cuxa sinatura coincida coas dúas últimas cifras do sorteo da lotaría nacional do 22 de decembro.
Solidariedade
Os veciños de Trasbar mostraron a súa solidariedade en moitas ocasións. Durante todo o ano depositan no Local social alimentos, roupa e tapóns con fins benéficos. A solidariedade da xente de Trasbar é aínda maior, se cabe, na época de Nadal. Grazas á colaboración de todos fixeron xa unha entrega de alimentos (fundamentalmente), de artigos de hixiene persoal (xel, pasta de dentes, cepillos dentais…) e de produtos para bebés (cueiros, potitos…) e xa dispoñen de máis elementos aos que contan sumar máis doazóns.
Desde o colectivo veciñal agradecen a participación cidadá en todas as actividades que organizan así como nas campañas solidarias ao longo do ano.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



