Riotorto 3 de decembro de 2014.- O PP de Riotorto, a través do seu presidente, anunciou este mércores que solicitará un pleno extraordinario para tratar a paralización das obras da estrada Riotorto- Marco de Álvare.
Os populares denuncian que os edís do BNG e do PSOE, rexeitaron no último pleno, celebrado o pasado luns (día 1/12/14), debater, con carácter de urxencia, a moción popular sobre a paralización das obras da estrada Riotorto-Marco de Álvare.
“O Señor alcalde manifestou que non vía a urxencia desta moción” – denuncian os populares, quenes ven na execución desta obra e na súa paralización un dos problemas máis importantes que ten na actualidade o municipio e non entenden a pouca sensibilidade do bipartito neste tema.
Lembra o PP que é a terceira vez que se paraliza esta estrada e que a empresa ten concedida una prorroga na execución ata o 05 de xaneiro de 2015.
“Fai 10 días que está paralizada a obra e a empresa está recollendo as máquinas”- alerta o PP quen revela que segundo os comentarios de persoal da construtora, non volverán a traballar no vial ata o mes de Marzo.
Denuncian os populares que nembargantes, o bipartito faga política e se desprace á Deputación por temas que non lle atinxen, e citan o asunto do médico, un tema resolto e no que o Organismo Provincial non ten competencias.






















O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



