Un equipo de 57 traballadores dará formación e asesoramento especializado no campo das novas tecnoloxías nos 48 Concellos de todas as cores políticas que decidiron sumarse ao programa InnovaTE da Deputación. Con este novo servizo, que dará comezo o día 9 de decembro, o organismo provincial responde á demanda que lle trasladaron os propios Concellos, logo do éxito da primeira fase do proxecto, de seguir fomentando o uso da Administración electrónica e as novas tecnoloxías nos municipios.
A Deputación de Lugo reforza, a través do plan InnovaTE2, o equipo de cinco técnicos que prestou servizos na primeira. Agora serán 57 os dinamizadores sociotecnolóxicos, que non só estarán a disposición dos propios Concellos, senón que tamén desenvolverán actividades dirixidas aos veciños en xeral. O obxectivo final é potenciar o uso das novas tecnoloxías e amosar aos lucenses de todas as idades como aproveitar ao máximo todas as posibilidades que as TIC ofrecen a nivel persoal e laboral.
Estes 57 dinamizadores comezarán a súa actividade o día 9 de decembro e continuarán ata o mes de marzo. Entre as actuacións que durante ese tempo porán en marcha destacan:
– Un plan de formación de 576 cursos (12 por Concello) para os empregados municipais sobre temas como os trámites electrónicos, antivirus, ferramentas web, xestión de portais web, formación xurídica relacionada coas novas tecnoloxías ou posta en marcha de sedes electrónicas.
– Colaboración directa cos Concellos para resolver posibles incidencias nos equipos informáticos ou da rede.
– Organización de xornadas divulgativas e de sensibilización, que chegarán a unhas 5.000 persoas e abordarán cuestións como o uso da administración electrónica, o comercio a través da Internet ou a navegación segura pola Rede.
Maiores Sempre en activo
Sempre en activo é outra das iniciativas que a Deputación porá en marcha na provincia a vindeira semana, neste caso dirixida aos lucenses de máis idade.
Para isto, outros 76 dinamizadores serán os encargados de promocionar o uso das TIC entre os lucenses maiores de 55 anos de todos os Concellos da provincia, tal e como a institución provincial está a facer dende hai tempo, a través da Fundación TIC, ofrecendo actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e a comunicación no Centro de Innovación Social InLugo.
Este equipo de profesionais desenvolverá diferentes actividades especialmente programadas para que as persoas maiores aumenten a súa autonomía e melloren as súas capacidades cognitivas e funcionais. Deste xeito, a Deputación continúa co seu compromiso de corrixir as desigualdades entre todos os lucenses, con independencia de factores como o lugar onde vivan, a súa idade ou as súas capacidades, para que poidan acceder ao maior número posible de actividades e recursos relacionados coas novas tecnolóxías, contribuíndo á comunicación e ao intercambio de ideas como mecanismos para aumentar a calidade de vida.
As actividades realizaranse de xeito individual ou colectivo, tanto en centros socioculturais, como nos propios fogares dos usuarios, empregando para isto, diversos medios tecnolóxicos, como odenadores, dispositivos móbiles ou mesmo consolas de videoxogos.
Estes dous novos servizos están cofinanciados nun 80% por fondos europeos a través do Innova-TE2.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



