Dous xulgados de Lugo veñen de declarar nulo o despedimento de profesorado que impartía cursos CELGA, condenando a Consellaría de Educación a readmitir inmediatamente a estes traballadores e traballadoras. As sete resolucións recoñecen que existía unha relación laboral entre a administración e estes profesionais, a súa condición de fixos/as descontinuos/as, e entenden como probado que os despedimentos se produciron como consecuencia da denuncia que este profesorado fixo das súas condicións laborais.
As sentenzas, ás que hai que engadir as actas de infracción levantadas pola Inspección de Traballo contra a Consellaría de Educación, foron dadas a coñecer en rolda de prensa este martes por Xosé Ferreiro, da CIG-Ensino de Lugo, quen compareceu acompañado por profesorado CELGA afectado e o Secretario da Unión Comarcal, Antonio Niño.
Ferreiro foi debullando polo miúdo o contido das sete resolucións xudiciais que veñen de facerse públicas polos Xulgados do Social Nº 3 e Nº 2 de Lugo, sobre a contratación irregular e posterior despedimento do profesorado que impartía cursos de preparación para a Certificación en Lingua Galega (CELGA).
As sentenzas, explica, publicáronse nos seguintes termos:
– Todas recoñecen que existía unha relación laboral entre a Consellería de Educación e este profesorado, sendo ademais esta relación de fixas descontinuas.
– Que o feito de non ser chamadas para impartir os cursos de 2014 da lugar a un despedimento “de facto”.
– Estas sentenzas dan tamén como probado que estes despedimentos se produciron en represalia pola denuncia previa que este colectivo, xunto coa CIG, fixo das súas condición laborais e polo tanto cualifican este como despedimento nulo, condenando á Consellería á readmisión inmediata destas traballadoras e traballadores.
A Inspección de Traballo tamén constata infraccións por parte da Consellaría
Xunto a isto, prosegue Xosé Ferreiro, a Inspección de Traballo de Lugo, continuando co traballo marcado dende a Inspección da Coruña, levantou acta de infracción contra a Consellería de Educación -da que depende a Dirección Xeral de Política Lingüística-, dando de alta de oficio na cotización á Seguridade Social polos períodos traballados a 31 traballadoras e traballadores que impartiron cursos CELGA durante os anos 2010, 2011, 2012 e 2013. Pois, segundo a lexislación, os anteriores período xa están prescritos.
As cotización atrasadas e non pagadas no seu momento pola Consellería ascenden a 80.301€; mentres que as sancións impostas pola Inspección de Traballo suman 117.253€. “En total, con cotizacións e recargos, a Consellería terá que pagar só na provincia de Lugo e só polos cursos CELGA, a cantidade de 197.554€”, denunciou Ferreiro.
A esta cantidade, resaltouse na rolda de prensa, hai que engadir o custe de readmitir ás traballadoras ás que lles foi cualificado o seu despedimento como nulo, co conseguinte pago de salarios e cotización dos cursos deste ano 2014 para os que non foron contratadas.
De igual xeito, salientaron que todo isto só afecta a unha parte das traballadoras, quedando aínda pendente de xuízo e de acta de infracción da Inspección de Traballo o profesorado que impartía os cursos de linguaxes específicas que, por empezar estes cursos máis avanzado oano, aínda están pendentes de ser tratados.
Dende a CIG‐Ensino manifestaron que esta serie de sentenzas súmanse á longa lista de procesos que está a perder a Consellería de Educación, “cunhas claras consecuencias éticas e económicas que temos que sufrir todas as galegas e galegos, pagando dos nosos petos as consecuencias da forma de actuar desta Consellería. En calquera país minimamente democrático, todos os responsábeis deste tipo de decisións xa estarían cesados e, posibelmente, estarían sendo investigados por se cometeran algún outro tipo de delito”, afirmou o representante da CIG-Ensino.
A seguir repasamos os antecedentes deste conflito:
1. Este grupo de profesoras e profesores viña impartindo estes cursos de galego, primeiramente chamados de Iniciación e Perfeccionamento á Lingua Galega, e logo baixo a denominación de cursos de preparación para a Certificación en Lingua Galega (CELGA).
2. Estes cursos impartíanse dende hai máis de 20 anos e para facelo tiñan que estar inscritos nunha listaxe pública, para o que tiñan que ter a licenciatura en Filoloxía Galega, ter unha formación específica e estar en situación de desemprego, ademais doutros requisitos marcados polas convocatorias oficiais.
O posto que ocupaban nesa listaxe estaba en función duns méritos como eran os servizos prestados, a formación que tiñan ou outras condicións que fixaba a convocatoria que publicaba a Xunta de forma periódica. Tamén nesas convocatorias periódicas podían incorporarse a esa listaxe novas persoas que cumprisen os criterios prefixados. En función dese posto na lista, íanse asignando os cursos para impartir todos os anos.
3. Hai persoas que levan impartindo estes cursos máis de 20 anos e nese tempo nunca a Xunta lles fixo un contrato de traballo nin cotizara por eles na Seguridade Social non tendo, polo tanto, dereito a baixas médicas por enfermidade común, por accidente laboral, por maternidade ou por calquera outro motivo. Loxicamente, tampouco tiñan dereito a desemprego nin cotizaban por eles/as para a xubilación. Non tiñan dereito a ningunha cobertura laboral ou social.
4. Durante o ano 2013, este colectivo xunto coa CIG denunciou as súas condicións laborais diante da Inspección de Traballo da Coruña, a cal estimou en todos ou seus termos esta denuncia, dando de alta de oficio a todas as traballadoras e traballadores desa provincia e impoñendo os correspondentes recargos e multas á Xunta de Galiza por ter a este persoal en situación irregular. Tamén se recomendaba nesa resolución que se procedese a facer as correspondentes denuncias nas outras Inspeccións de Traballo das outras provincias.
5. A Dirección Xeral de Política lingüística, dependente da Consellería de Cultura, Educación e O.U., en represalia contra este profesorado por ter feito a denuncia anterior, tomou a decisión de non contratalos para impartir os cursos de galego para este 2014, ofrecendo estes a profesorado de galego xa en activo e pagándollelos como “horas extras”.
6. Agora, no caso de Lugo, xa dous xulgados levan publicados sete sentenzas onde recoñece a relación totalmente laboral deste profesorado coa Consellería de Educación, a súa condición fixos descontinuos e, ademais, que se produciu un despedimento “de facto” este mesmo mes de abril ao non contratalos para os cursos deste ano, sendo ademais este despedimento nulo pois da como probado que este se produce como consecuencia da denuncia das súas condición laborais que este profesorado fixo conta a Consellería, condenando por tanto a esta a readmitir inmediatamente a este profesorado.
7. A Seguridade Social de Lugo tamén presentou a correspondente denuncia de oficio conta a Xunta de Galiza ante o Xulgado do Social pola contratación irregular de traballadores, denuncia que está pendente de xuízo.
8. Ao mesmo tempo, a Inspección de Traballo de Lugo levantou a acta de infracción correspondente onde se impón á Consellería o pagamento de 80.301€ en concepto de cotas atrasadas dos anos 2010, 2011, 2012 e 2013 e un total de 117.253€ en concepto de multas e recargos. En total son 197.554€.
9. Estas cantidades só son para o profesorado dos cursos CELGA e na provincia de Lugo. Faltan aínda en todo este proceso o profesorado de linguaxes específicas que pode representar unha cantidade similar.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



