Foz, a 20 de decembro de 2014.- O BNG de Foz exporá no pleno do luns unha serie de propostas para que se inclúan nos Orzamentos Municipais de 2015. Como di o voceiro municipal, Xan Carlos González Basanta “son propostas que o BNG sempre puxo enriba da mesa e que mellorarían tanto as contas municipais como o benestar do pobo”.
O BNG ve a necesidade de sacar adiante uns orzamentos para o 2015 pois levamos dous anos con eles prorrogados e xa non se adaptan á realidade socioeconómica de Foz. Para isto, é tan importante ou máis elaborar unhas bases de execución serias e responsables como presentar unha partidas realistas e cribles que teñan en contas os aspectos máis sociais.
Neste sentido, o BNG ten claro que as bases de execución deben incluír algunhas medidas imprescindibles para un funcionamento máis transparente e axeitado. En primeiro lugar, é necesario o cumprimento da lei no que respecta á certificación da existencia de crédito antes de realizar o gasto a través dun procedemento –proposta de gasto- que quede reflectido nas propias bases. Tamén artellar algún procedemento nas bases que garantan na adxudicación de contratos menores os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Outras medidas a contemplar nas bases de execución serían a municipalización dos servizos privatizados e que caducaron co que se crearía emprego municipal, o cumprimento dos criterios aprobados polo Pleno no reparto da produtividade ou cubrir as vacantes producidas en canto a persoal. Sería un avance importante para democracia municipal elaborar unhas bases de participación cidadá que entre outras cousas deran participación aos veciños na elaboración dos orzamentos anuais do Concello.
Respecto ás partidas de ingresos, o BNG está convencido de que o Concello ten que elaborar as partidas en base o recadado –criterio de caixa- e non aos dereitos recoñecidos para ter uns orzamentos máis axustados á realidade. Tamén serían imprescindibles medidas como aplicar a vía executiva ata as últimas consecuencias na recadación, eliminar os dereitos de dubidoso cobro a través dun expediente de depuración (os dereitos pendentes de cobro eran de 1.839.282 euros a 31 de decembro de 2014) e establecer novos impostos directos como a imposición do IBI ás propiedades da Igrexa Católica que non teñan exención legal. Como contraposición, o BNG propón incrementar as bonificacións e as exencións en taxas e impostos para as persoas e familias máis desfavorecidas economicamente e a aplicación da redución do gravame no IBI aprobado polo Pleno.
Respecto ás partidas de gastos, para o BNG é fundamental seguir o principio de non gastar máis do que se ingresa e cumprir a lei no que respecta ao prazo de pago a provedores.
O BNG defende así mesmo a non contratación de empresas externas ao Concello para realizar traballos que deben e poden realizar o persoal do Concello. O PP pretende gastar 33.600 € nunha empresa xardinería. Tamén estamos a favor de cumprir o pactado cos traballadores/as do Concello respecto á suba salarial aprobada na RPT. Despois do debate social en canto ao soldos dos políticos o BNG proporá unha redución dun 10% do salario do alcalde que agora está en 4.064 euros ao mes brutos e das asignacións a grupos municipais e a concelleiros. Desta forma, estes cartos poderían ir a partidas sociais ou de creación de emprego. Tamén, o BNG pedirá que os cartos dedicados a inversións se redistribúan equitativamente entre todas as parroquias do concello.
O BNG, coma fixo sempre, vai a seguir defendendo uns orzamentos baseados nas persoas, máis sociais que nunca, transparentes nas contratacións, empeñados na creación de emprego estable e de calidade, realistas nas contas, responsables coa súa execución, que graven máis aos poderosos e que defendan a autonomía municipal na toma de decisións.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



