Madrid, 3 Decembro 2014. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara dirixida ao Ministerio de Fomento para formularlle unha serie de preguntas relacionadas co naufraxio do “Safrán”.
Rosana Pérez traslada ao Goberno unha batería de preguntas sobre o naufraxio do volanteiro de Celeiro ocorrido o pasado sábado pola noite. A deputada do BNG quer que Salvamento Marítimo explique as horas de alerta do pesqueiro, canto tardou en afundirse e a que hora chegaron á zona os efectivos.
A deputada do BNG realiza varias cuestións relacionadas co dispositivo de busca dos dous mariñeiros desaparecidos, un veciño de Celeiro e outro de Burela. Critica a deputada nacionalista que Franza puxera fin á operación de resgate ás 40 horas do afundimento e pregunta ao Goberno “por que decidiron as autoridades francesas suspender tan pronto a busca dos mariñeiros desaparecidos? Non era demasiado prematura? Cantas veces tivo o Goberno español que demandar ás autoridades francesas autorización para proseguer co resgate dos mariñeiros perdidos?”.
Rosana Pérez quer coñecer até cando vai o Goberno continuar coa busca dos mariñeiros. “Considera o Goberno que habería posibilidade de reflotar o barco “Safrán” xa que os superviventes consideran que puideron quedar atrapados no interior do barco posto que estaban durmidos no momento do accidente”.
Demasiado sinistros marítimos de pesqueiros en pouco tempo
A deputada do BNG amosa unha grande preocupación polo “elevado número de sinistros marítimos producidos no último ano que debería levar a unha profunda reflexión ao Ministerio de Fomento. Máis de vinte mariñeiros galegos perderon a vida en accidentes de pesqueiros”, lembrando os máis recentes: Santa Ana, Mar de Marín e Mar Nosso.
E resalta o denominador común que se observa en todos estes sinistros que se produciron cando as condicións do mar non eran especialmente adversas “pero os afundimentos foron nun tempo veloz”. A deputada do BNG pide unha investigación a fondo por parte do Ministerio de Fomento. “É preciso coñecer as conclusións destas investigacións a fin de poder evitar máis sinistros deste tipo no futuro”.
A parlamentar nacionalista salienta que moitos expertos na materia consideran que se produciu un relaxo das normas de seguridade. “Comparte o Goberno que xa van moitos sinistros marítimos nun ano e con consecuencias irreparábeis como a morte de máis de vinte mariñeiros? Cais foron as causas dos naufraxios do Santa Ana, Mar Nosso e Mar de Marín? A que conclusións se chegaron?”.
Rosana Pérez insta ao Goberno a adoptar medidas para pór fin a tantos sinistros de pesqueiros.






















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



