Con motivo da implantación do Plan Vivenda 2013-2016 na Comunidade Autónoma de Galicia e logo de que o Concello de Viveiro asinara o convenio para continuar coa tramitación de expedientes de rehabilitación na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, esta Alcaldía convoca aos veciños e veciñas da Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro para que asistan á unha reunión informativa que terá lugar o martes, 16 de decembro de 2014, ás 20:30 horas, na sala multiusos da Casa do Concello, para explicar as novas liñas de axuda que estarán a disposición dos propietarios e inquilinos e coñecer, a través dunha pequena enquisa, a demanda de obras a realizar en edificios e vivendas.
As obras subvencionables dentro do Plan Vivenda 2013-2013 están dirixidas, maiormente, a:
– melloras na accesibilidade.
– melloras na envolvente térmica do edificio para reducir a demanda enerxética.
– adaptación á normativa das instalacións existentes (luz, auga… )
Cómpre indicar, non obstante, que a Xunta de Galicia aínda está redactando o decreto que rexerá as liñas de axuda por parte da comunidade autónoma de Galicia.
Toda esta información ampliarase na reunión veciñal que terá lugar o vindeiro martes, 16 de decembro de 2014, ás 20:30 horas, convocada mediante o bando adxunto.