O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO, de Barreiros, presenta “OÉ, OÉ, OÉ”, de Maxi Rodríguez, dirixida por Ramón Casas. Trátase dunha comedia aceda co fútbol como trasunto da sociedade. A representación terá lugar este domingo 14 de decembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo. O prezo da entrada é de 2 euros.
